I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 76 [= LPGP 687]); Sodré (1998: 94); Cohen (2003: 132); Pousada Cruz (2013: 286); Littera (2016: II, 188).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 94); Braga (1878: 49); Machado & Machado (1952: III, 309); Camargo et alii (1995: 48).
III. Antoloxías: Torres (1977: 521).
2 viu] uyn B 3 morrerei] moirerey B 5 morre] moire B
5 mí] min Nunes, Sodré
(I) Foise un día o meu amigo de aquí e non me viu e, porque non o vin, madre, agora morrerei.
(II) Cando el me viu (por primeira vez) non foi polo seu ben, pois agora morre por min, e por iso, madre, agora morrerei.
(III) Foise el de aquí e non se atreveu a falarme nin eu a el, e por iso con pesar, madre, agora morrerei.
Esquema métrico: 3 x 10a 10a 7B (= RM 26:71)
Encontros vocálicos: 5 morre‿agora
Nótese que o incipit desta cantiga de Nuno Fernandez Torneol é idéntico ao verso inicial da cantiga 1212 de Martin de Caldas.