1017 [= Tav 63,29]
Entend’eu, amiga, per bõa fe

Entend’eu, amiga, per bõa fe,
que avedes queixum’, u al non á,
de voss’amigo, que aqui está,
e del e de vós non sei por que é,
mais quero-vos ora ben conselhar:
fazed’i ambos o que eu mandar.
E, amiga, de pran, u non jaz al,
este preito deve-se de fazer,
ca vos vejo del gran queixum’aver
e el de vós, e tenho que é mal,
mais quero-vos ora [ben conselhar:
fazed’i ambos o que eu mandar].
Sanha d’amigos é: non sera ben,
e sei que faredes end’o melhor
(pero vejo-vos aver desamor
del, amiga), e esto vos conven,
mais quero-vos ora [ben conselhar:
fazed’i ambos o que eu mandar].
E mal [l]h’én venh’a quen non outrogar
antre vós ambos o que eu mandar!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1013, V 603

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 263-264); Rodríguez (1980: 171 [= LPGP 385-386]); Cohen (2003: 546); Littera (2016: I, 445-446).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 215); Braga (1878: 115-116); Machado & Machado (1953: IV, 396); Fernández Pousa (1959: 236).

Variantes manuscritas


1 bõa] boa B   6 ambos] anbus V; eu] en V   9 vos] uos BV; queixum’] q̅reum V   10 é] o V   13 amigos] amigus V   14 melhor] melhe V   19 outrogar] ou troguar B : outorgar V   20 eu] en B

Variantes editoriais


1 bõa] boa Rodríguez, Littera   4 e del e de vós non sei] e el á de vós, non sei Nunes : e el de vós, [e] non sei Cohen, Littera   16 e esto vos conven] e esto non conven Cohen, Littera   19 outrogar] outorgar Nunes, Rodríguez, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Abofé que me parece, amiga, que sen dúbida tendes queixa do voso amigo, que está aquí, e nin por el nin por vós sei o porqué (desa queixa), mais quérovos agora aconsellar ben: facede ambos, neste asunto, o que eu vos mandar.

(II) E, amiga, claramente, este acordo débese cumprir, sen dúbida, porque vos vexo ter unha queixa grande del e a el de vós, e penso que iso está mal, mais quérovos agora aconsellar ben: facede ambos, neste asunto, o que eu vos mandar.

(III) Saña de amigos é: non estará ben e sei que faredes o mellor ao respecto (aínda que vos vexo, amiga, terlle desamor), e isto [facer o mellor] vos convén, mais quérovos agora aconsellar ben: facede ambos, neste asunto, o que eu vos mandar.

(1) E mal lle veña a quen non acatar entre vós ambos o que eu mandar!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:83) + 10c 10c

Notas


Texto
  • 2

    A frase formularia u al non á ‘certamente, sen dúbida’ (tamén en 25.11, 170.23, 358.27, 685.10 e 1231.21) concorre con outras variantes ao longo do corpus, co mesmo verbo aver (u non á al, non á i al etc.) ou co verbo jazer (u non jaz al ~ u al non jaz). Idéntico comentario pode facerse para as Cantigas de Santa Maria, en que se detectan os mesmos grupos fraseolóxicos (u al non averá ~ u non averá al, u al non jaz, u non aja al, u non ouvess’al, u outra ren non jaz etc.; véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. al, aver, jazer, u). Véxase nota a 597.13.

  • 4

    Nunes, Cohen e Littera emendan os manuscritos para acomodar a expresión da pasaxe; porén, non consideramos necesaria tal emenda, pois o texto enviado polos códices permite mesmo dúas interpretacións.

    Por un lado, na secuencia del e de vós, tal como suxire Rodríguez, pódese interpretar que a preposición de indica non tanto procedencia canto relación: ‘e non sei por que vos queixades do voso amigo e de vós’; isto é, ‘de vós os dous, de como vai a vosa relación’. Neste caso, a secuencia del e de vós poderá ser unha estrutura paralela a o vosso e o seu de 1019.20, do mesmo autor: julgad’i o voss[o] e o seu, isto é, ‘o vosso e o seu’ referiríase á relación que teñen en común. Por outro lado, o verso tamén podería entenderse como ‘nin del nin de vós sei o porqué dos vosos queixumes’; ou sexa, ‘nin el mo dixo nin vós mo dixestes’. Deste xeito xustificaríase o papel de mediadora da amiga confidente (xa falou con el e xa sabe que ela está queixosa, pero el non lle dixo por que).

  • 6

    A terminación gráfica -us é relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana (<anbus>, v. 6; <amigus>, v. 13). Na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 13-16

    De novo Cohen e Littera emendan a lección manuscrita para acomodar a expresión no v. 16 coa substitución de vos por non; porén, coa ruptura sintáctica que introducimos no v. 13, a cláusula e esto vos conven lígase ao v. 14: e sei que faredes end’o melhor ... e esto vos conven.

  • 19

    A forma outrogar (cfr. outorgar en V), con metátese de /r/ a partir de outorgar (< auctoricāre) ten certa presenza nas cantigas trobadorescas profanas, pois volve aparecer en 468.10 e 475.15, para alén de se atestar esporadicamente na produción medieval prosística (véxase CGPA, s.v.).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado