1057 [= RM 96,7]
Senhor, non poss’eu ja per nulha ren

Senhor, non poss’eu ja per nulha ren
os meus olhos desses vossos partir,
e, pois assi é, que agora d’ir
an u vos non vejan, sei eu mui ben
que non poden os meus olhos veer,
u vos non viren, d’al veer prazer.
E non poss’eu [os] meus olhos quitar
desses vossos, que viron por meu mal,
e, pero m’end’eu nunca atend’al,
tal ventura mi quis a min Deus dar:
que non [poden os meus olhos veer,
u vos non viren, d’al veer prazer].
[E] non poss’eu partir os olhos meus
desses vossos nen o meu coraçon
nunca de vós, e, pois, mia senhor, non
atend’end’al, creed’esto, por Deus:
que non poden os meus olhos [veer,
u vos non viren, d’al veer prazer].
[E], pois que al non desejan veer,
Deus vós lhis mostre ced’a seu prazer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1055, V 645

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 402-403 [= LPGP 639]); Littera (2016: II, 114).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 229); Braga (1878: 123-124); Machado & Machado (1956: V, 61-62).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 195-196); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 135).

Variantes manuscritas


2 os] om. V   5 poden] podẽ V   6 vos] nꝯ V   8 vossos] uossus V   10 ventura] uentᵉa V   14 vossos] uossus V; nen o] ueno V; coraçon] coracon B   16 creed’esto] cres desto B; Deus] des V   17 poden] podeu V   19 non] om. B

Variantes editoriais


15-16 mia senhor, non / atend’end’al] mia senhor, / nom atend’end’al Littera   19 [E], pois que al non desejan veer] Pois que al non desejan [a] veer Nunes   20 vós] vos Littera

Paráfrase


(I) Señora, xa non podo de forma ningunha afastar os meus ollos dos vosos, e, pois así é, que agora han de ir a onde non vos vexan, sei eu moi ben que, cando non vos ven, os meus ollos non poden ver (ter) o pracer de ver outra cousa.
(II) E eu non podo afastar os meus ollos deses vosos, que viron para o meu mal, e aínda que eu non espero outra cousa a respecto diso, tal foi a ventura que Deus me quixo dar que, cando non vos ven, os meus ollos non poden ver (ter) o pracer de ver outra cousa.
(III) E eu non podo afastar os meus ollos deses vosos nin (afastar) o meu corazón nunca de vós, e xa que, miña señora, non espero outra cousa sobre iso, crede isto (que vos digo), por Deus: que, cando non vos ven, os meus ollos non poden ver (ter) o pracer de ver outra cousa.
(1) E xa que non desexan ver outra cousa, Deus lles vos mostre cedo para o seu pracer.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160: 177) + 10c 10c

Notas


Texto
  • 5-6

    Enténdase: ‘sei moi ben que, cando non vos ven, os meus ollos non poden sentir pracer de ver outra cousa’.

  • 7

    A reintegración do artigo para completar a medida decasilábica do verso é indicada pola súa presenza no mesmo sintagma os meus olhos no v. 2 e mais no primeiro verso do refrán, para alén de os olhos meus no v. 13.

  • 8

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<uossus>, vv. 8, 14); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 13

    A frecuente omisión da copulativa inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, permítenos neste caso restaurar a isometría versal tanto neste v. 13 como no v. 19, o primeiro da fiinda. Véxanse casos semellantes no inicio de estrofa en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13 etc.; e en fiindas, 274.19, 287.19, 398.22, 527.19, 578.19, 581.19, 633.22, 841.19, 1020.19, 1051.19, 1057.19

     

  • 15-16

     Nótese o lapso na segmentación versal que se produciu na edición de Littera.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado