1070 [= Tav 22,18]
Senhor fremosa, tan gran coita ei

Senhor fremosa, tan gran coita ei
por vós que bon conselho non me sei
cuidand’en vós, mia senhor mui fremosa.
Por vós, que vi melhor d’outras falar
e parecer, non me sei conselhar
cuidand’en vós, mia se[nhor mui fremosa].
Non mi queredes mia coita creer:
creer-mi-a-edes, pois que eu morrer
cuidand’en vós, mia [senhor mui fremosa].
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


B 1068, V 659

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 426); Indini (1978: 121 [= LPGP 171]); Littera (2016: I, 152).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 233); Braga (1878: 126); Machado & Machado (1956: V, 85); Camargo et alii (1992: 32).

Variantes manuscritas


8 morrer] moirer B : mrier V

Paráfrase


(I) Señora fermosa, tan gran coita teño por vós que non encontro consolo axeitado pensando en vós, miña moi fermosa señora.
(II) Por vós, que vin falar mellor que outras e máis fermosa, non encontro consolo pensando en vós, miña moi fermosa señora.
(III) Non me queredes crer a miña coita: habédesma de crer despois de que eu morra pensando en vós, miña moi fermosa señora.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10’B (= Tav 26:69)

Encontros vocálicos: 8 -mi͜-a-

Notas


Texto
  • *

    A cantiga presenta unha regularidade rítmica notábel, con sistemático acento na 4ª sílaba métrica.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado