1075 [= RM 77,23]
Un dia vi mia senhor

Un dia vi mia senhor,
que mi deu atal amor
que non direi, per u for,
quen ést’, [e] per nulha ren
non ous’eu dizer por quen
mi ven quanto mal mi ven.
Preguntan-me cada dia
polo que non ousaria
dizer, ca m’ei toda via
medo de mort’, e por én
non ous’eu [dizer por quen
mi ven quanto mal mi ven].
Preguntan-m’en puridade
que lhis diga én verdade;
mais eu, con gran lealdade
e por non fazer mal sén,
non ous’eu dizer por quen
[mi ven quanto mal mi ven].
Andan-m’assi preguntando
que lhis diga por que ando
trist’, [e] eu, por San Servando,
con pavor que ei d’alguen,
non ous’eu dizer por quen
[mi ven quanto mal mi ven].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 1074, V 664

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 432-433 [= LPGP 509]); Littera (2016: I, 581).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 235); Braga (1878: 127); Machado & Machado (1956: V, 95); Camargo et alii (1990: 23); Burgazzi (2015: 30).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 111).

Variantes manuscritas


5 eu] en B   9 dizer] Direy B   11 ous’eu] ouzen B   14 én] eu B   16 eu] en B   23 eu] en B

Variantes editoriais


4 ést', [e]] ést[e] Littera

Paráfrase


(I) Un día vin a miña señora, que tal amor me deu que non direi en ningures quen é (ela); por nada do mundo non ouso eu dicir por quen me vén canto mal me vén.
(II) Pregúntanme cada día polo que eu non ousaría dicir, pois de calquera forma teño medo da morte, e por iso non ouso eu dicir por quen me vén canto mal me vén.
(III) Pregúntanme en segredo para que lles diga a verdade sobre iso; mais eu, con gran lealdade e por non obrar erradamente, non ouso eu dicir por quen me vén canto mal me vén.
(IV) Ándanme así preguntando para que lles diga por que ando triste, e eu, por San Servando, co pavor que teño de alguén, non ouso eu dicir por quen me vén canto mal me vén.

Métrica


Esquema métrico: 7a 7a 7a 7b 7B 7B (I [= RM 19:36]) + 7’a 7’a 7’a 7b 7B 7B (II-IV [= RM 19:37])

Notas


Texto
  • 4

    Independentemente de que <este> sexa a forma verbal éste (P3 do presente indicativo de seer), suma do demostrativo co verbo é (est’é) ou de éste coa copulativa e, é moi frecuente nos apógrafos italianos a aparición de <est>, aparente latinismo, con ausencia de vogal final e a consecuente hipometría versal. Véxanse 71.6, 89.27, 182.26, 197.18, 302.21, 317.2, para alén daqueles casos en que éste aparece en cantigas transmitidas só por BV: 184.15, 204.18, 207.11, 464.24, 714.9, 854.12, 993.20, 1075.4, 1456.12, 1497.22, 1625.1, 1652.2 e 1667.17.
    No presente contexto optamos pola crase da forma verbal coa copulativa, polo paralelismo construtivo cos seguintes estrofas: v. 10 (e), v. 15 (mais), v. 21 (e).

  • 13

    A voz puridade ‘segredo’, do lat. tard. puritātem, aparece de modo restrito no corpus trobadoresco, con só máis tres ocorrencias (568.5, 860.9, 1049.2) nas cantigas profanas e outras tantas nas Cantigas de Santa Maria; ora ben, é especialmente frecuente na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España, para alén doutros textos galego-portugueses (véxase CGPA, s.v. puridade, poridade).

  • 14

    A existencia da expresión dizer én verdade en diversas pasaxes (717.16, 942.11) e a presenza de eu no seguinte verso aconsellan fixar esa expresión acolléndonos á lección de V, por máis que dizer eu verdade se rexistre abondosamente no corpus.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado