1089 [= RM 121,18]
Senhor, vej’eu que avedes sabor

Senhor, vej’eu que avedes sabor
de mia morte veer e de meu mal;
pois contra vós nulha ren non mi val,
rogar-vos quero, por Nostro Senhor,
que vos non pes o que vos rogarei,
e depois, se vos prouguer, morrerei.
E ben entend’eu no meu coraçon
que desejades mia mort’a veer;
pois m’outro ben non queredes fazer,
rogar-vos quero, por ũa razon,
que vos non pes o que vos [rogarei,
e depois, se vos prouguer, morrerei].
Mui ben sei eu que avedes pesar
porque sabedes que vos quer’eu ben
e que vos praz de quanto mal mi ven
por vós: quero-vos eu [por én] rogar
que vos non pes o que vos rogarei,
[e depois, se vos prouguer, morrerei].
E, se vos prouguer o que vos direi
e pois morrer, ja máis non morrerei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1086, V 678

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 456-457 [= LPGP 802]); Reali (1964: 85); Fernández Campo (2012: 112); Littera (2016: II, 322).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 239-240); Braga (1878: 129-130); Machado & Machado (1956: V, 116-117).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 134); Alvar & Talens (2009: 374).

Variantes manuscritas


5 pes] pez B   6 morrerei] moirerey B   7 coraçon] coracon B : corazon V   15 praz] pram B   20 morrer] moirer B; morrerei] moirerey B

Variantes editoriais


4 vos] vus Reali   5 vos ... vos] vus ... vus Reali   6 vos] vus Reali   10 vos] vus Reali   11 vos ... vos] vus ... vus Reali   12 vos] vus Reali   14 vos] vus Reali   15 vos] vus Reali   16 por vós: quero-vos eu [por én] rogar] por vos, [por Deus]: quero-vos eu rogar Nunes : por vos, quero-vus eu rogar Reali : por vós querovos eu rogar Fernández Campo : por vós: [por en] quero-vos eu rogar Littera   17 vos ... vos] vus ... vus Reali   18 vos] vus Reali   19 vos ... vos] vus ... vus Reali

Paráfrase


(I) Señora, vexo eu que desexades ver a miña morte e o meu mal; xa que contra vós nada me vale, quérovos rogar, por Noso Señor, que non vos pese aquilo que vos rogarei, e despois, se vos prouguer, morrerei.

(II) Ben entendo eu no meu corazón que desexades ver a miña morte; xa que outro ben non  me queredes conceder, quérovos rogar por unha razón que non vos pese aquilo que vos rogarei, e despois, se vos prouguer, morrerei.

(III) Sei eu moi ben que sentides mágoa porque sabedes que eu vos amo e que vos prace canto mal me vén por vós: por iso vos quero eu rogar que non vos pese aquilo que vos rogarei, e despois, se vos prouguer, morrerei.

(1) E, se vos prouguer o que vos direi e após eu morrer, xa non morrerei.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:205) + 10c 10c

Notas


Texto
  • 8

    Na lingua trobadoresca o verbo desejar aparece en complexos verbais (desejar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 153.1, 208.2, 428.2, 635.6, 754.6, 899.10, 952.8, 1010.2). Cfr. nota a 3.17.

  • 16

    O verso presenta a carencia de dúas sílabas métricas, que preferimos resolver con por én a partir da frecuencia da aparición da secuencia por én + rogar (90.4, 561.36, 814.12, 1054.4). Nótese, ademais, que deste xeito se estabelece unha gradación descendente nos versos simétricos das tres estrofas: por Nostro Senhor (v. 4) - por ũa razon (v. 10) - por én (v. 16); non obstante, Reali e Fernández Campo manteñen a hipometría do verso, mentres que Nunes reintegra por Deus, fórmula tamén verosímil.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado