I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 456-457 [= LPGP 802]); Reali (1964: 85); Fernández Campo (2012: 112); Littera (2016: II, 322).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 239-240); Braga (1878: 129-130); Machado & Machado (1956: V, 116-117).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 134); Alvar & Talens (2009: 374).
5 pes] pez B 6 morrerei] moirerey B 7 coraçon] coracon B : corazon V 15 praz] pram B 20 morrer] moirer B; morrerei] moirerey B
4 vos] vus Reali 5 vos ... vos] vus ... vus Reali 6 vos] vus Reali 10 vos] vus Reali 11 vos ... vos] vus ... vus Reali 12 vos] vus Reali 14 vos] vus Reali 15 vos] vus Reali 16 por vós: quero-vos eu [por én] rogar] por vos, [por Deus]: quero-vos eu rogar Nunes : por vos, quero-vus eu rogar Reali : por vós querovos eu rogar Fernández Campo : por vós: [por en] quero-vos eu rogar Littera 17 vos ... vos] vus ... vus Reali 18 vos] vus Reali 19 vos ... vos] vus ... vus Reali
(I) Señora, vexo eu que desexades ver a miña morte e o meu mal; xa que contra vós nada me vale, quérovos rogar, por Noso Señor, que non vos pese aquilo que vos rogarei, e despois, se vos prouguer, morrerei.
(II) Ben entendo eu no meu corazón que desexades ver a miña morte; xa que outro ben non me queredes conceder, quérovos rogar por unha razón que non vos pese aquilo que vos rogarei, e despois, se vos prouguer, morrerei.
(III) Sei eu moi ben que sentides mágoa porque sabedes que eu vos amo e que vos prace canto mal me vén por vós: por iso vos quero eu rogar que non vos pese aquilo que vos rogarei, e despois, se vos prouguer, morrerei.
(1) E, se vos prouguer o que vos direi e após eu morrer, xa non morrerei.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:205) + 10c 10c
O verso presenta a carencia de dúas sílabas métricas, que preferimos resolver con por én a partir da frecuencia da aparición da secuencia por én + rogar (90.4, 561.36, 814.12, 1054.4). Nótese, ademais, que deste xeito se estabelece unha gradación descendente nos versos simétricos das tres estrofas: por Nostro Senhor (v. 4) - por ũa razon (v. 10) - por én (v. 16); non obstante, Reali e Fernández Campo manteñen a hipometría do verso, mentres que Nunes reintegra por Deus, fórmula tamén verosímil.