I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 480-481); Zilli (1977: 61 [= LPGP 415]); Littera (2016: I, 473-474).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 245); Braga (1878: 133); Machado & Machado (1956: V, 151-152).
2 gran] grã B 5 de quanta coita] oe quanta colta V 6 gran] grã B 8 m’esforcei] mesforzei V 9 foi] for BV; perdon] pardon B 13 esforçado] esforcado B : esforzado V 14 gran] grã B 15 siv’e] ssine B 19 querrei] q̅irey B
9 perdon] pardon Zilli
(I) Pensara eu en dicirlle á miña señora o moito que a amo, e sentín pavor de ficar con ela moito peor do que xa estaba, e non ousei falarlle de canta coita por ela sufrín nin do moito que a quixen, desde que a vin.
(II) E non pensei ter nada de medo e por iso me esforcei entón e fun ante ela, así Deus me perdoe, para llo dicir, mais non lle dixen nada de canta coita por ela sufrín nin do moito que a quixen, desde que a vin.
(III) Con moito ánimo fun para lle falar da moi gran coita que sufro por ela, e estiven diante dela e (alí) permanecín e cavilei e ollei para ela, mais non me atrevín a lle falar de canta coita por ela sufrín nin do moito que a quixen, desde que a vin, (1) e quero e quererei sempre desde agora.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:102) + 10c
A sintaxe e o sentido impón a emenda da unánime lección <for> de BV para foi, forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais que tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).
Por outra parte, a forma pardon, de B, semella aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon. Non obstante, tal forma é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).
Do punto de vista morfolóxico, sive supón a existencia e uso das formas derivadas de sedere nos tempos de pretérito, descendentes do lat. sĕdŭī, sĕdŭĕram, sĕdŭĭssem e sĕdŭĕro, por máis que no corpus das cantigas profanas só se atesten as formas sive (neste verso) e mais sevi (1493.18), seve (574.14 e 15, 1489.4, 1558.1 e 13) e sevesse (628.9).