1108 [= Tav 64,17]
Mui desguisado tenho d’aver ben!

Mui desguisado tenho d’aver ben!
Enquant’eu ja eno mundo viver,
ei tal coita, qual sofro, a sofrer
ca vos direi, amigos, que mi aven:
cada que cuid’estar de mia senhor
ben, estou mal, e, quando mal, peor.
E por aquesto, se Deus mi perdon,
entendo ja que nunca perderei
a maior coita do mundo que ei,
e quero logo dizer por que non:
cada que cuid’estar [de mia senhor
ben, estou mal, e, quando mal, peor].
E por aquesto ja ben fis estou
d’aver gran coita no mund’e non al,
e d’aver sempr’, en logar de ben, mal,
ca vos direi como xi me guisou:
cada que cuid’estar de mia senhor
[ben, estou mal, e, quando mal, peor].
E por aquesto sofr’eu a maor
coita de quantas fez sofrer Amor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1106, V 697

No Cancioneiro da Biblioteca Nacional, as estrofas II-III aparecen copiadas en orde inversa, mais as letras B e A, colocadas á esquerda do primeiro verso de cada unha delas, indican a orde correcta (así en V).

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 484-485); Zilli (1977: 69 [= LPGP 418]); Littera (2016: I, 474-475).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 246); Braga (1878: 133); Machado & Machado (1956: V, 153-154).
III. Antoloxías: Pena (1990: 37-38).

Variantes manuscritas


4 amigos] amigus V   7 perdon] pardō B   9 coita] coyto B   13 fis] fiz B   14 gran] g̃ra B   15 logar] logwr B : longar V   19 por] pre V

Variantes editoriais


4 vos ... amigos] vus ... amigus Zilli   7 perdon] pardon Zilli   13 fis] fiz Zilli, Littera   16 vos] vus Zilli   19 maor] ma[i]or Nunes : maior Littera

Paráfrase


(I) Moi mal disposto está todo para que eu reciba ben. Xa en canto eu viva no mundo hei de sufrir tal coita, cal sufro, que vos direi, amigos, o que me acontece: cada vez que penso estar ben coa miña señora, estou mal, e, cando (penso estar) mal, peor.

(II) E por isto, que Deus me perdoe, entendo xa que nunca perderei a maior coita que teño no mundo, e quero logo dicir por que non: cada vez que penso estar ben coa miña señora, estou mal, e, cando (penso estar) mal, peor.

(III) E por isto estou xa ben certo de sufrir gran coita no mundo e non outra cousa, e de ter sempre, en lugar de ben, mal, porque vos direi como me foi disposto todo: cada vez que penso estar ben coa miña señora, estou mal, e, cando (penso estar) mal, peor.

(1) E por isto sufro eu a maior coita de cantas fixo sufrir Amor.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:105) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 4 mi‿aven

Notas


Texto
  • 4

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<amigus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 7

    A forma pardon, de B, semella aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon. Non obstante, tal forma é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 19

    Tanto moor (187.11), ocorrencia única na poesía trobadoresca profana, como a variante maor (só nesta pasaxe e na rúbrica de 1449, onde se rexistra o antropónimo Maor Martiiz), son resultados evoluídos da forma xeral maior, que mantén a forma da base latina maiōrem, sen desaparición de iode (cfr. Ferreiro 1999: §31a).

     

Buscar
    Non se atopou ningún resultado