I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 497-498 [= LPGP 587]); Littera (2016: II, 43-44).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 248); Braga (1878: 134-135); Machado & Machado (1956: V, 164-165).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 76); Arias Freixedo (2003: 578-579).
6 perdon] pardō B 7 grand’, e] grãde B 8 verrei] veirey B 13 u] E hu B : e hu V; terrei] teirey B 15 mia] nha BV 19 un] \h/un V
7 e o sei] e[u] o sei Littera 13 u] e hu Nunes 18 nunc’a] nunca Nunes, Littera
(I) Por Deus, señora, moi ben disposto está, desde que eu me afaste agora de vós, para que vos volva ver moi tarde, na miña opinión, por unha razón que agora vos direi: porque non haberá un período de tempo tan pequeno que eu more sen vós, así Deus me perdoe, que non me resulte moi grande, e seino.
(II) E, miña señora, nunca virei cedo a onde vos vexa desde que agora me afastar de vós, miña señora, e non vos vir; mais como vivirei con tal coita? Porque se un día tardar cando eu for onde non vos vexa, ben me parecerá, miña señora, que hai un ano ou máis que alá me demorei.
(III) E, miña señora, por que me aflixirei por vir cedo, pois non me ten prol? Pois se viñer logo, será tarde, e por isto nunca a encontrarei cedo abondo, pois se contase de menos un día en que non vos vexa, logo hei pensar que hai mil días que sen vós vivín.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:59)
Encontros vocálicos: 14 á‿un
A diferenza de Nunes e Littera, segmentamos a copulativa en mor’e, de modo que fican ligadas sintacticamente as dúas cláusulas que funcionan como CD de direi (vv. 6-7).
A forma pardon, de B, semella aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon. Non obstante, tal forma é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).
Ao longo do corpus trobadoresco profano aparece con frecuencia a frase formularia de tipo aseverativo e o sei, variación da máis xeral eu o sei (cun ton enfático que explica a próclise pronominal), que aínda conta con outras fórmulas expresivas moi similares (sei-o eu, aquesto sei eu, ben o sei, ben sei, esto ben sei, eu sei etc.). Cfr. nota a 301.6. Neste caso é Littera a edición que emenda esta unidade fraseolóxica para a acomodar á expresión maioritaria.
Para alén da interdita sinalefa coa copulativa (*e‿u), a presenza da conxunción e transmitida en BV non ten moito sentido. É por isto que se debe expunxir a conxunción, que con algunha frecuencia ten unha presenza espuria no inicio de verso (véxase, por exemplo, 1076.7).
É necesaria a segmentación de a en nunc’a para facer patente o CD de acharei (a prol).