I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 507-508 [= LPGP 871]); Tato Fontaíña (2007: 33); Littera (2016: II, 408).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 252); Braga (1878: 137); Machado & Machado (1956: V, 186-187).
1 coraçon] corazon V 7 doedes] doede V 9 bõa] boa B 11 morrer] (mas) moirer B
10 per] por Nunes 11 veerdes] veedes Tato Fontaíña
(I) Señora, que duro corazón vos deu Deus sempre contra min, que tanto mal sofre este meu (corazón) por vós, certamente, e non por outra causa! Pois as miñas coitas son o voso gozo, en mal día eu vos vin, pois non vos apiadades de min.
(II) Debiades ter dó de min, señora, certamente, pois canto mal sufro é por causa vosa, e vérdesme así sufrir! Pois as miñas coitas vos causan pracer, en mal día eu vos vin, pois non vos apiadades de min.
Esquema métrico: 2 x 8a 8b 8b 8a 8a 8C 8C (= RM 139:19)
Enténdase: «pois quanto mal ei por vós e veerdes-m’assi morrer per vós é!».