I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 326-327); Indini (1978: 148-149 [= LPGP 167]); Cohen (2003: 361); Littera (2016: I, 155-156); Barberini (2021c: 211).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 254-255); Braga (1878: 138); Machado & Machado (1956: V, 200); Berardinelli (1985: 16-17); Camargo et alii (1992: 41).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 62-64); De la Iglesia (1886: III, 13-14); Cidade (1941: 55-56); Seoane (1941: 33-34); Nunes (1959: 350); Álvarez Blázquez (1975: 18); Landeira Yrago (1975: 116-117); Arias Freixedo (2003: 189-190); Magalhães (2007: 102); Fidalgo (2009a: 124); Mongelli (2009: 102).
1 a Deus grad’, é] \a/ deꝯ grade B : a deꝯ grado V 2 dis[s]eron] deseron B : diseron V; o meu amigo] o meu (p) amigo B 3 comigo] migo V 4 bon] ben V 6 E f’mosas a ds̄ grado / Cauē o meu B : efr̄mosas ađs grado / ca uen o meu V 7 amigo] amigue V 8 end’] and B
En Nunes e en Indini todos os versos son presentados como versos hexasilábicos graves. En Littera o terceiro verso de cada estrofa é editado como dous hexasílabos.
1 grad’, é] grado Nunes, Indini, Cohen, Littera 3 amig’, é] amigo Nunes, Indini, Cohen, Littera 4 é] om. Nunes, Indini, Cohen, Littera 6 Ca ven o meu [amado], e, fremosas, a Deus grado!] Ca ven o meu amado, fremosas, a Deus grado Nunes, Barberini : fremosas, a Deus grado, / ca ven o meu [amado] Indini : fremosas, a Deus grado, ca ven o meu <amado> Cohen : ca vem o meu [amado] / fremosas, a Deus grado Littera 7 que] ca Nunes, Barberini 11 mig’é] migu’e[i] Nunes, Cohen, Barberini : mig’he[i] Littera 12 mig’é] migu’e[i] Nunes, Cohen, Barberini : mig’he[i] Littera; que] ca Nunes, Barberini
(I) Fermosas, grazas a Deus, é hoxe un día ben feliz para min, pois déronme noticias de que vén o meu amigo. Pois vén o meu amigo, hoxe é un día ben feliz para min!
(II) Hoxe é un día ben feliz para min, fermosas, grazas a Deus, pois déronme noticias de que vén o meu amado. Pois vén o meu amado, fermosas, grazas a Deus!
(III) Porque me deron noticias de que vén o meu amigo, e eu estou moi feliz por iso, pois tal nova teño comigo: pois tal nova teño comigo, que vén o meu amigo!
(IV) Porque me deron noticias de que vén o meu amado, e ando eu moi feliz por iso, pois teño tal nova comigo: pois comigo teño tal nova, que vén o meu amado!
Esquema métrico: 4 x 13’a 13’a 13’a (= RM 1:2)
Encontros vocálicos: 4 comigo‿é; 6 amado,‿e
A primeira estrofa foi copiada en BV en versos longos, fronte ao resto da cantiga, en xeral con versos curtos. Tal situación explica a diversidade editorial a respecto da disposición formal da cantiga, a pesar da observación 14 syl (= 14 sílabas) de Colocci.
Nos vv. 1 e 3 todos os editores, a excepción de Barberini (seguindo Ferreiro 2016d: 58), interveñen no texto mudando a lección dos manuscritos e non recoñecen o verbo é, que encaixa perfectamente no verso. E algo similar acontece no v. 4, onde practican a expunción de é, cunha presenza paralela e simétrica entre os dous versos: ..., é tan bon dia comigo / Tan bon dia comigo é, ...
Xa Nunes é consciente do xogo métrico da composición, coa repetición da palabra rimante nos versos primeiro e terceiro de cada cobra, feito que obriga a trocar este verso, copiado en dúas liñas nos apógrafos italianos (nótese que Indini e Cohen conservan a orde dos manuscritos). Deste modo fica perfecta a repetición rimática (I comigo; II grado; III amigo; IV amado). De todos os modos, todos os editores omiten a conxunción copulativa, que na versión que presentamos estabelece sinalefa con amado.
Tanto Nunes como Cohen e Littera e, ultimamente, Barberini, interveñen novamente para estabelecer mig’ei en vez de mig’é, sen que sexa necesario do punto de vista semántico. Na realidade, nos cancioneiros existe unha diverxencia ei / é en diferentes textos, con validade de ambas as dúas leccións. Véxase nota a 102.16 e 163.13.