I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 334 [= LPGP 505]); Cohen (2003: 370); Littera (2016: I, 583).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 257); Braga (1878: 140); Machado & Machado (1956: V, 214-215); Camargo et alii (1990: 29); Burgazzi (2015: 32).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 97).
4 assanhar] assanar B 6 s’ousará] susara B 7 d’aqui] daq̄ B 14 oraçon] orazon V
3 e pero] e, pero Littera
(I) Quérese ir o meu amigo, e non me sei vingar del; aínda que está a mal comigo, se me eu asaño con el, cando el me vexa irada non ousará irse de aquí.
(II) Quérese ir axiña para non me facer compañía, mais, aínda que non ten medo da miña ira, cando el me vexa irada non ousará irse de aquí.
(III) Foi rezar o outro día a San Servando para se ir xa de aquí; mais, se me eu vou asañando, cando el me vexa irada non ousará irse de aquí.
Esquema métrico: 7’a 7b 7’a 7b 7C 7C (I [= Tav 99:62]) + 7’a 7’b 7’a 7’b 7C 7C (II-III [= Tav 99:67])
Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura, tal como Littera decidiu nesta pasaxe.
Talvez San Servando se refira á ermida de San Servando, no lugar de Pazos da parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.