I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 342-343 [= LPGP 504]); Cohen (2003: 381); Littera (2016: I, 588-589).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 260); Braga (1878: 141); Machado & Machado (1956: V, 229-230); Camargo et alii (1990: 42-43); Burgazzi (2015: 37).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 306); Álvarez Blázquez (1975: 97); Ferreira (1988: 73-74); Ferreira (1991: 82).
2 partiu] par tui V; d’aquen] de quē B : de quen V 12 filha] fil\h/a V
(I) Filla, o que queredes ben foise agora de aquí e non vos quixo ver: e ides vós querer ben a quen non vos quere ver?
(II) Filla, que mal negocio facedes, que o amades contra a miña vontade, porque non vos quere ver! E ides vós querer ben a quen non vos quere ver?
(III) Por isto lle quero eu mal, miña filla, e non por outra cousa, porque non vos quixo ver: e ides vós querer ben a quen non vos quere ver?
(IV) Andades chorando por el, e foi agora a San Servando e non vos quixo ver: e ides vós querer ben a quen non vos quere ver?
Esquema métrico: 7a 7a 7b 7B 7B (I, III [= RM 42:20]) + 7’a 7’a 7b 7B 7B (II, IV [= RM 42:22])
Encontros vocálicos: 1 Filha,‿o; 20 ora‿a
O verso 3º de todas as estrofas presenta veer como palabra rimante.
Talvez San Servando se refira á ermida de San Servando, sita no lugar de Pazos, parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.