I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 365 [= LPGP 576]); Reali (1964: 45-46); Cohen (2003: 409); Littera (2016: II, 38-39).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 269); Braga (1878: 147); Machado & Machado (1956: V, 271).
III. Antoloxías: Bernárdez (1952: 106); Torres (1977: 88).
6 morrer] moirer B
2 soub’i] soubi Nunes, Littera : soube Reali 8 d’amig’ou] d’amigo u Cohen, Littera
(I) Ai madre, nunca sufriu nin soubo o que era pesar aquela que non viu o seu amigo, como hoxe eu vin o meu, falar con outra; mais, xa que o vin, houben morrer de pesar entón.
(II) E, se muller tivo pracer de amigo ou se llo deu Deus, estou segura de que non llo fixo ver, como a min me fixo ver o meu, con outra; mais, xa que o vin, houben morrer de pesar entón.
Esquema métrico: 2 x 8a 8b 8a 8b 8C 8C (= RM 99:52)
Encontros vocálicos: 6 ouvi‿a; 12 ouvi‿a
Esta composición, centrada nos ciúmes da amiga, que ve como o amigo fala con outra, parece directamente relacionada coa cantiga 744, de Afonso Meendez de Besteiros, que presenta un contido moi similar:
Fals’amigo, per boa fe,
meu, sei que queredes gran ben
outra molher e por mí ren
non dades; mais, pois assi é,
oimais fazede des aqui
capa d’outra, ca non de min,
ca noutro dia vos achei
falar no voss’e non en al
con outra, e foi-m’ende mal;
mais, pois que a verdade sei,
oimais faze[de des aqui
capa d’outra, ca non de min].
E, quando vos eu vi falar
con outra, log’i ben vi eu
que seu erades, ca non meu;
mais quero-vos desenganar:
oimais fazede [des aqui
capa d’outra, ca non de min].
A deglutinación do adverbio i en soub’i é pertinente para manter o acento na 4ª sílaba.
Cohen (e Littera) segmentou de maneira diferente a secuencia <amigou> de BV, propondo amigo u, que tamén é coherente coa composición (eis a súa paráfrase: «E se uma mulher tivesse a oportunidade de ter o prazer de um namorado, uma vez que Deus lho deu»):
E, se molher ouve d’ aver
sabor d’ amigo u lho Deus deu.