1197 [= Tav 79,30 (= 85,11)]
Joan Soares, de pran as melhores

– Joan Soares, de pran as melhores
terras andastes que eu nunca vi:
d’averdes donas por entendedores
mui fremosas, quaes sei que á i,
fora razon; mais u fostes achar
d’irdes por entendedores filhar
sempre quand’amas, quando tecedores?
– Juião, outros máis sabedores
quiseron ja esto saber de min,
e en todo trobar mái[s] trobadores
que tu non es, mais direi-t’o que vi:
vi boas donas tecer e lavrar
cordas e cintas, e vi-lhes criar,
per bõa fe, mui fremosas pastores.
– Joan Soares, nunca vi chamada
molher ama, nas terras u andei,
se por emparament’ou por soldada
non criou mes; e máis vos én direi:
enas terras u eu soia viver
nunca mui bõa dona vi tecer,
mais vi tecer algũa lazerada.
– Juião, por est’, outra vegada
con outro tal trobador entencei:
fiz-lhe dizer que non dezia nada
com’or’a ti desta tençon farei;
vi boas donas lavrar e tecer
cordas e cintas, e vi-lhes teer
mui fremosas pastores na pousada.
– Joan Soarez, u soia viver
non tecen donas nen ar vi teer
berç’ant’o fog’a dona muit’onrada.
– Juião, tu deves entender
que o mal vilan non pode saber
de fazenda de bõa dona nada.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 

Manuscritos


B 1181, V 786

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 381-382 [= LPGP 580]); Reali (1964: 17); Lopes (2002: 264-265); Correia (2016: 73-74); Littera (2016: II, 41-42).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 270-271); Braga (1878: 148); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 38-39); Machado & Machado (1956: V, 278-279); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 88-89).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 137-138); Torres (1977: 93-94); Tavares & Miranda (1987: 219-220); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 176); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 233-234).

Variantes manuscritas


1 Soares] ssoarez V; pran] prã B; as] az V   3 por entendedores] pr (a ı) en tēdores B   6 d’irdes] dyr̄des V   7 quando tecedores] ꝙ̄do teçedares V   8 Juião] Iuayo B   10 e] et V   13 e] et V; criar] t’ar B : car V   14 bõa] boa V   15 Soares] soarez V   17 ou por soldada] on por so laida V   18 criou] t’ou B; mes, e] mete B : mez e V   20 tecer] recee B : tezer V   21 tecer] teter V   22 est’, outra] est ou’t̃ B   23 entencei] ēte mey B : ētramey V   24 dezia] dez ia B : dizia V   25 tençon] tēcō B : reçō V   26 e tecer] et tezer V   27 e ... e] et ... et V   29 Soarez] soarer V   31 berç’] ber çº V; muit’onrada] muy tōrrades B : muy tō rra V

Variantes editoriais


As dúas fiindas son presentadas como unha única, sen separación tipográfica en Reali.

1 Soares] Soárez Lopes, Littera   4 quaes] quais Correia   12 boas] bõas Reali   15 Soares] Soárez Lopes, Littera   18 vos] vus Reali

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’a (= Tav 100:21) + 2 x 10c 10c 10a’

Encontros vocálicos: 8 Ju·i·ã·o; 13 cri·ar; 18 cri·ou; 19 soi·a; 22 Ju·i·ã·o; 29 soi·a; 32 Ju·i·ã·o

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga forma parte da polémica poética coñecida como «ciclo das amas», orixinada pola cantiga Atal vej’eu aqui ama chamada, de Joan Soarez Coelho (UC 274), que versa sobre o amor entre o trobador e unha muller que por todos é denominada ama, o que o leva a tratar de explicar a orixe de tal denominación. A base retórica daquela cantiga é un sutil xogo etimolóxico no ámbito da interpretatio nominis que foi desvelado por Ângela Correia (1996; véxase tamén Correia 2012). Coelho, como «trobador leterado», acudiría á autoridade das Etimologiae de S. Isidoro de Sevilla, onde se explica o nome grego da curuxa, amma, relacionándoo co verbo amar. Así, tras a ama da cantiga estaría a clave que identificaría a muller amada polo poeta: Urraca Guterrez, filla do aristócrata castelán Goterre Soarez, que era alcumado «Moucho», razón pola cal Ângela Correia en 2016 edita sempre Ama con maiúscula.

    No entanto, os trobadores contemporáneos, aínda que entenderían o alarde letrado de Joan Soarez Coelho, quixeron interpretar literalmente o termo ama co valor de ‘ama de cría / ama de leite’, e compuxeron unha serie de textos burlescos con este motivo. Nalgúns deses textos, como é o caso desta tençon, o propio Joan Soarez deféndese das burlas. Outras cantigas do «ciclo das amas» son as seguintes: Atal vej’eu aqui ama chamada, de Joan Soarez Coelho (UC 274); Desmentido m'á 'qui un trobador, de Joan Soarez Coelho (UC 278); Esta ama cuj’é Joan Coelho, de Fernan Garcia Esgaravunha (UC 1530); Joan Garcia tal se foi loar, de Joan Soarez Coelho (UC 1434); Joan Soares, pero vós teedes de Airas Perez Vuitoron (UC 1501); Don Vuitoron, o que vos a vós deu, de Joan Soarez Coelho (UC 1433); –Quen ama Deus, Lourenç’, ama verdade, de Joan Soarez Coelho e Lourenço (UC 1432); Par Deus, Lourenço, mui desaguisadas, de Joan Garcia de Guilhade (UC 1520).

  • 1

    A cantiga mostra a vacilación Soarez (v. 29) ~ Soares (vv. 1, 15) –nótese que V transmite sempre Soarez– cunha forma que se manifesta tamén na cantiga 115, a semellanza con outras vacilacións do tipo Fernandez ~ Fernandes (cfr. 1388.1 e 10) que conviven coa forma máis arcaica Fernandiz. Así pois, o proceso de neutralización e mudanza da africada [dz] en prol da fricativa [z], posteriormente enxordecida, no sufixo patronímico -ez parece estar xa iniciado.

  • 3

    Na poesía cortés o termo entendedor aplícase aos namorados que manteñen unha relación que está aínda nunha fase de coñecemento mutuo e de cultivo do desexo, en que conversan e se intercambian prendas en sinal de correspondencia, tales como as cintas con que cinxen as propias vestimentas á cintura.

    Nesta tenzón, entendedores refírese ás donas namoradas: fremosas entendedores (v. 3); entendedores filhar / sempre quand’amas, quando tecedores (v. 6).

  • 18

    A única interpretación posíbel para a primeira parte do verso é a indicada na edición dixital de Littera (seguindo o comentario de Lapa): «desempenhou a tarefa pelo menos um mês (que era o prazo mínimo para se ser considerada profissional)» (https://cantigas.fcsh.unl.pt/cantiga.asp?cdcant=1210&tr=4&pv=sim [consult. 08-06-2022]).

  • 22

    A ausencia dunha vírgula para afastar esto de outra nas edicións de Lapa, Reali e Correia (est’outra) xera (aparentemente) unha falsa forma reforzada do demostrativo. Cfr. est’outro (1237.32, 1347.2), aquest’outr(o) (1348.10).

  • 24

    Nótese a forma dezia(n), tamén en 1.12 e 517.12 (cfr. tamén desdezidores en 1444.3), produto da disimilación relativamente frecuente no copretérito de dizer, tal como se pode comprobar no CGPA, s.v. dezia, dezian, deziam, deziã etc. (cfr. nota a 521.3). Porén, téñase en conta que o Cancioneiro da Vaticana transmite a xeral variante dizia.

  • 29

    Aparentemente, este verso fica hipermétrico polo maioritario carácter trisilábico de soía; con todo, esta mesma forma verbal parece computar como bisilábica tamén noutras ocasións (20.11, 58.12), para alén de xa se rexistrar a variante suia (<ssuya>) en 921.4, frecuente en textos prosísticos (desde textos tabeliónicos galegos até a Crónica Geral d’Espanha de 1344 ou as crónicas de Fernão Lopes), con grafías diversas: suia, suya, suhya... (véxase CGPA, s.v.). É por isto tamén que consideramos tamén voz bisilábica soia no v. 19, onde sería posíbel a sinalefa u‿eu.

  • 30

    Obsérvese a insólita grafía <har> de BV para a partícula preverbal ar neste verso.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado