1199 [= RM 90,1]
Diz meu amigo que eu o mandei

Diz meu amigo que eu o mandei
ir, amiga, quando s’el foi d’aqui,
e, se lho sol dixi nen se o vi,
non veja prazer do pesar que ei,
e, se m’el ten torto en mi-o dizer,
veja-s’el ced’aqui en meu poder.
E vedes, amiga, do que m’é mal:
dizen os que o viron, com’el diz,
que o mandei ir, e, se o eu fiz,
nunca del aja der[e]ito nen d’al,
e, se m’el [ten] torto [en mi-o dizer,
veja-s’el ced’aqui en meu poder].
E que gran torto que m’agora ten
en dizer, amiga, per bõa fe,
que o mandei ir! E, se assi é,
como m’el busca mal, busque-lhe eu ben,
e, se m’el [ten torto en mi-o dizer,
veja-s’el ced’aqui en meu poder].
E, se el ven aqui, a meu poder,
preguntar-lh’-ei quen lho mandou dizer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1183, V 788

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 371-372 [= LPGP 608]); Cohen (2003: 416); Littera (2016: II, 77-78).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 271); Braga (1878: 148); Machado & Machado (1956: V, 282); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


1 eu o] eu (l?) o V   2 ir] hu V   3 dixi] di(z)\x/i V   8 viron] iurō V   10 dereito] d’ito BV   13 gran] grã B   16 busque-lhe] Busq̅le B : busqelhe V   19 preguntar-lh’-ei] Pegūtharlhei B

Paráfrase


(I) Di o meu amigo que o mandei irse, amiga, cando se foi de aquí, e, se llo dixen ou se o vin, non vexa eu pracer da pena que teño, mais, se el é inxusto comigo ao dicirmo, véxase el axiña aquí no meu poder. 

(II) E vede, amiga, o que me parece mal: os que o viron contan que el di que o mandei ir, e, se o fixen, nunca eu sexa tratada con xustiza por el nin por ninguén, mais, se el é inxusto comigo ao dicirmo, véxase el axiña aquí no meu poder.

(III) E, abofé, que gran inxustiza comete agora  comigo ao dicir, amiga, que o mandei ir! E, se así é, tal como el me busca mal, buscareille eu ben, mais, se el é inxusto comigo ao dicirmo, véxase el axiña aquí no meu poder.

(1) E, se el vén aquí, prementemente lle preguntarei quen llo mandou dicir.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:163) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 5 mi͜-o; 11 mi͜-o; 16 -lhe‿eu; 17 mi͜-o

Notas


Texto
  • 8-9

    O hipérbato altera a sintaxe e escurece o sentido: «os que o viron dizen com’el diz que o mandei ir...».

Buscar
    Non se atopou ningún resultado