I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 381-382 [= LPGP 614]); Cohen (2003: 428); Littera (2016: II, 83).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 274-275); Braga (1878: 150); Machado & Machado (1956: V, 300); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 299-300).
8 qual] q̄l V 16 que] q̅l V; saber] faz’ B : fab̃ V 22 meu] me\u/ B
4 én] eu Nunes 9 senhora, se] senhor, ase Cohen 15 El] el Littera 16 que] qual Nunes, Cohen 22 de] do Nunes
(I) Teño novas comigo como eu desexei ter hai moito tempo, madre, abofé, e direivos cal é a nova, que non vos negarei nada: o meu amigo estará hoxe aquí, e nunca eu tan boa nova ouvín.
(II) E, dado que Deus me fixo recibir tal nova como desexaba o meu corazón, madre e señora, así Deus me perdoe, quérovos eu dicir a nova: o meu amigo estará hoxe aquí, e nunca eu tan boa nova ouvín.
(III) E por iso sei que me quere facer ben Noso Señor, a quen eu fun rogar por boas novas, e fíxomas El chegar, e poderédelas, miña nai, saber: o meu amigo estará hoxe aquí, e nunca eu tan boa nova ouvín.
(IV) Mellor nova ca esta nunca podo ouvir, madre, de ningunha maneira, e por iso non volo quero eu ocultar a vós, porque sei que vos prace o meu ben: o meu amigo estará hoxe aquí, e nunca eu tan boa nova ouvín.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:168)
Encontros vocálicos: 15 -mi͜-o
O feminino analóxico senhora é aínda excepcional na lingua trobadoresca con relación á forma invariábel senhor, xa que só se atesta en Afonso Sanchez (383.27), Estevan Faian (402.16), Don Denis (551.24), Martin de Caldas (1211.9), Fernand’Esquio (1315.3, 8 e 13) e Gil Perez Conde (1546.23, 1547.16). É por isto que resulta inxustificada a inesperada segmentación de Cohen, que reconverte senhora en senhor para estabelecer unha inexistente forma ase (por se ‘así’) na lingua das cantigas profanas (cfr. nota a 701.9-10).
A necesaria introdución, desde o punto de vista métrico, do artigo neste verso (... quer’eu [o] mandado dizer) vén indicada pola súa presenza no v. 3 (...direi-vo-lo mandado ...).