1215 [= Tav 92,7]
Vedes qual preit’eu querria trager

Vedes qual preit’eu querria trager,
irmãa, se o eu podesse guisar:
que fezess’a meu amigo prazer
e non fezess’a mia madre pesar,
e, se mi Deus esto guisar, ben sei
de mí que log’eu mui leda serei.
E atal preito m’era mui mester,
se mi Deus aguisar de o aver,
e quanto o meu amigo quiser
e que mi-o mande mia madre fazer,
e, se mi Deus [esto] guisar, [ben sei
de mí que log’eu mui leda serei].
E, se mi a mí guisar Nostro Senhor
aqueste preito, sera meu gran ben,
com’eu faça a meu amig’amor
e me rogue mia madre ante por én,
e, se mi Deus esto guisar, ben sei
de mí [que log’eu mui leda serei].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1199, V 804

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 385 [= LPGP 615]); Cohen (2003: 432); Littera (2016: II, 86).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 275-276); Braga (1878: 151); Machado & Machado (1956: V, 303-304); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 44); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 161).

Variantes manuscritas


1 qual] q̄l V; preit’eu querria] p̄ytu q̅iria B   2 irmãa] Jrmaa B : ir maa V   3 fezess’a] (s) fezessa B   8-9 de o aver, / e quanto o meu] đo auere / Quātoo meu B : đo auere / quanto meu V   11 guisar] gnysar B   14 gran] grã B   15 faça] faza V   16 rogue] rogou BV; ante] antē B : ame V   17 Deus] des V

Variantes editoriais


2 irmãa] irmaa Cohen   16 rogue] rogou Nunes

Paráfrase


(I) Vedes que acordo quería obter, irmá, se o puidese dispor: que lle fixese a meu amigo pracer e que non lle fixese a miña nai pesar, e, se Deus me quixese isto dispor, ben sei que entón eu sería moi leda.

(II) E tal acordo érame moi necesario, se Deus dispuxese que o tivese, e que canto o meu amigo quixese que mo (antes) mandase facer miña nai, e, se Deus me quixese isto dispor, ben sei que entón eu sería moi leda.

(III) E, se Noso Señor me dispón este acordo, será grande o meu ben, que eu ame a meu amigo e que miña nai me rogue antes por iso, e, se Deus me quixese isto dispor, ben sei que entón eu sería moi leda.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= Tav 99:22)

Encontros vocálicos: 2 o‿eu; 10 mi͜-o; 13 mi‿a; 16 madre‿ante

Notas


Texto
  • 2

    A forma irmãa revélase anómala fronte ao xeral irmana das cantigas de amigo, para alén de nos manuscritos ser copiada sen a correspondente nasalidade (o mesmo que acontece na outra ocorrencia desta forma, en Vaasco Gil, 679). Cfr. nota a 694.4.

    Ademais, neste verso é necesaria a sinalefa oeu para a correcta contaxe decasilábica. En calquera caso, no corpus rexístranse sinalefas iguais ou similares do pronome o e diversos elementos (verbos, nomes etc.): oouvesse (8.17), oEle (67.19), oei (291.19, 1571.3), oer (498.10), oeu (983.24 e 25), oaprendestes (1430.21), oen (1433.20), ooistes (1531.17), oome (1613.12). Cfr. nota a 56.10.

  • 16

    A sintaxe obriga á emenda da lección da forma de pretérito <rogou> nun presente de subxuntivo:
              com’eu faça a meu amig’amor
              e me rogue mia madre ante por én.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado