I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 385 [= LPGP 615]); Cohen (2003: 432); Littera (2016: II, 86).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 275-276); Braga (1878: 151); Machado & Machado (1956: V, 303-304); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 44); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 161).
1 qual] q̄l V; preit’eu querria] p̄ytu q̅iria B 2 irmãa] Jrmaa B : ir maa V 3 fezess’a] (s) fezessa B 8-9 de o aver, / e quanto o meu] đo auere / Quātoo meu B : đo auere / quanto meu V 11 guisar] gnysar B 14 gran] grã B 15 faça] faza V 16 rogue] rogou BV; ante] antē B : ame V 17 Deus] des V
2 irmãa] irmaa Cohen 16 rogue] rogou Nunes
(I) Vede a que acordo eu querería chegar, irmá, se o puidese arranxar: que lle fixese a meu amigo pracer e que non lle causase a miña nai pesar, e, se Deus me quixese isto dispor, ben sei que entón eu moi leda estarei.
(II) E tal acordo érame moi necesario, se Deus dispuxese que o tivese, e que canto o meu amigo quixese que mo mandase miña nai facer, e, se Deus me quixese isto dispor, ben sei que entón eu moi leda estarei.
(III) E, se Noso Señor me arranxa esta situación, será grande o meu ben, que eu dea mostras de amor ao meu amigo e que miña nai me rogue antes iso, e, se Deus me quixese isto dispor, ben sei que entón eu moi leda estarei.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:22)
Encontros vocálicos: 2 o‿eu; 10 mi͜-o; 13 mi‿a; 16 madre‿ante
A forma irmãa revélase anómala fronte ao xeral irmana das cantigas de amigo, para alén de nos manuscritos ser copiada sen a correspondente nasalidade (o mesmo que acontece na outra ocorrencia desta forma, en Vaasco Gil, 679). Cfr. nota a 694.4.
Ademais, neste verso é necesaria a sinalefa o‿eu para a correcta contaxe decasilábica. En calquera caso, no corpus rexístranse sinalefas iguais ou similares do pronome o e diversos elementos (verbos, nomes etc.): o‿ouvesse (8.17), o‿Ele (67.19), o‿ei (291.19, 1571.3), o‿er (498.10), o‿eu (983.24 e 25), o‿aprendestes (1430.21), o‿en (1433.20), o‿oistes (1531.17), o‿ome (1613.12). Cfr. nota a 56.10.
A sintaxe obriga á emenda da lección da forma de pretérito <rogou> nun presente de subxuntivo:
com’eu faça a meu amig’amor
e me rogue mia madre ante por én.