I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 392-393 [= LPGP 798-799]); Cohen (2003: 439); Fernández Campo (2012: 153); Littera (2016: II, 326).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 278); Braga (1878: 152); Machado & Machado (1956: V, 313).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 201); Ferreiro (2023a: 39).
1 amigas] amiga V 2 gran] grã B 4 mí] mī B 5 chorava] c\h/oraua V; começou] comecou B 7 bõa] boa B; querrei] q̅irey B 8 pran] prã B 10 mias] Mays B : mays V; amigas] amigue V 13 Ouv’el] Ou nel V; gran] grã B 14 mias] Mays B : mays V
3 o dia [en] que s’el foi] [en]o dia que s’el Nunes : o dia que s’el[e] foi Cohen, Fernández Campo
(I) Miñas amigas, eu quero desde este momento querer moito o meu amigo, pois o día en que el se foi de aquí viume chorar e, con dó de min, cando choraba, comezoume a mirar, viume chorar e púxose (tamén) el a chorar.
(II) E, abofé, sempre lle eu quererei, en verdade, o mellor que eu puider, porque el fixo por min o que vos direi, miñas amigas, e non vos mentirei: cando choraba, comezoume a mirar, viume chorar e púxose (tamén) el a chorar.
(III) El tivo gran coita no seu corazón, miñas amigas, cando se separou de min; viume chorar e, despois de que me viu chorar, direivos o que fixo entón: cando choraba, comezoume a mirar, viume chorar e púxose (tamén) el a chorar.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:203)
A isometría do verso é recuperada nas últimas edicións coa forma pronominal el[e], tamén posíbel. De todos os xeitos, é frecuente no corpus a construción dia en que ~ dia’n que.
A construción filhar-se + a + infinitivo é unha perífrase modal incoativa, de inicio de acción. Presenta diversas ocorrencias na lingua dos trobadores, en xeral co verbo chorar nas cantigas dos xéneros amorosos. Cfr., por exemplo, filharon-s’a chorar des i / estes olhos meus con pesar (1147.9).
Exactamente o mesmo erro <mays>/<mias> (amigas) rexístranse nunha cantiga de amigo de Afonso Lopez de Baian (753.8). A presenza simétrica do vocativo mias amigas (vv. 1, 10, 14) é o que leva a supor o mesmo erro na estrofa terceira, onde, con todo, sería posíbel manter a lección manuscrita por medio dunha diferente puntuación:
Ouv’el gran coita no seu coraçon,
mais, amigas, u se de min partiu,
viu-me chorar e, depois que me viu
chorar, direi-vo-lo que fez enton: / ...