1222 [= RM 121,11]
Mias amigas, quero-m’eu des aqui

Mias amigas, quero-m’eu des aqui
querer a meu amigo mui gran ben,
ca o dia [en] que s’el foi d’aquen
viu-me chorar e, con doo de mí,
u chorava, começou-m’a catar,
viu-me chorar e filhou-s’a chorar.
E, per bõa fe, sempre lh’eu querrei
o maior ben de pran que eu poder,
ca fez el por mí o que vos disser,
mias amigas, que vos non mentirei:
u chora[va, começou-m’a catar,
viu-me chorar e filhou-s’a chorar].
Ouv’el gran coita no seu coraçon,
mias amigas, u se de min partiu;
viu-me chorar e, depois que me viu
chorar, direi-vo-lo que fez enton:
u chorava, começou-m’a catar,
[viu-me chorar e filhou-s’a chorar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1206, V 811

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 392-393 [= LPGP 798-799]); Cohen (2003: 439); Fernández Campo (2012: 153); Littera (2016: II, 326).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 278); Braga (1878: 152); Machado & Machado (1956: V, 313).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 201); Ferreiro (2023a: 39).

Variantes manuscritas


1 amigas] amiga V   2 gran] grã B   4 mí] mī B   5 chorava] c\h/oraua V; começou] comecou B   7 bõa] boa B; querrei] q̅irey B   8 pran] prã B   10 mias] Mays B : mays V; amigas] amigue V   13 Ouv’el] Ou nel V; gran] grã B   14 mias] Mays B : mays V

Variantes editoriais


3 o dia [en] que s’el foi] [en]o dia que s’el Nunes : o dia que s’el[e] foi Cohen, Fernández Campo

Paráfrase


(I) Miñas amigas, eu quero desde este momento querer moito o meu amigo, pois o día en que el se foi de aquí viume chorar e, con dó de min, cando choraba, comezoume a mirar, viume chorar e púxose (tamén) el a chorar.

(II) E, abofé, sempre lle eu quererei, en verdade, o mellor que eu puider, porque el fixo por min o que vos direi, miñas amigas, e non vos mentirei: cando choraba, comezoume a mirar, viume chorar e púxose (tamén) el a chorar.

(III) El tivo gran coita no seu corazón, miñas amigas, cando se separou de min; viume chorar e, despois de que me viu chorar, direivos o que fixo entón: cando choraba, comezoume a mirar, viume chorar e púxose (tamén) el a chorar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:203)

Notas


Texto
  • 3

    A isometría do verso é recuperada nas últimas edicións coa forma pronominal el[e], tamén posíbel. De todos os xeitos, é frecuente no corpus a construción dia en que ~ dia’n que.

  • 6

    A construción filhar-se + a + infinitivo é unha perífrase modal incoativa, de inicio de acción. Presenta diversas ocorrencias na lingua dos trobadores, en xeral co verbo chorar nas cantigas dos xéneros amorosos. Cfr., por exemplo, filharon-s’a chorar des i / estes olhos meus con pesar (1147.9).

  • 10

    Exactamente o mesmo erro <mays>/<mias> (amigas) rexístranse nunha cantiga de amigo de Afonso Lopez de Baian (753.8). A presenza simétrica do vocativo mias amigas (vv. 1, 10, 14) é o que leva a supor o mesmo erro na estrofa terceira, onde, con todo, sería posíbel manter a lección manuscrita por medio dunha diferente puntuación:

    Ouv’el gran coita no seu coraçon,
    mais, amigas, u se de min partiu,
    viu-me chorar e, depois que me viu
    chorar, direi-vo-lo que fez enton: / ...

Buscar
    Non se atopou ningún resultado