I. Edicións críticas: Nobiling (2007 [1907]: 129-130 [apéndice]); Nunes (1973 [1928]: 309); Marroni (1968: 265-267 [= LPGP 751]); Cohen (2003: 447); Littera (2016: II, 248-249).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 281); Braga (1878: 154); Machado & Machado (1956: V, 322-323).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 218); Alvar & Beltrán (1989: 219-220); Pena (1990: 118-119); Alonso Girgado (1992: 49); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 189); Alvar & Talens (2009: 500); Souto Cabo (2017: 201); Ferreiro (2023a: 37); Gutiérrez (2023: 271).
2 querrei] q̅ uey B 8 alguen] dlguen B 9 dereito] deyto V; feito] fe’yto B 10 cuido] Cuydoo B : cuydoo V 15 mo] mho V; ouveren] ouuerō BV; dito] diro V
6 mí] min Nobiling, Nunes 9 el] om. Marroni 10 cuido eu] cuid’eu Nunes, Littera : cuyd’eu Marroni 12 mi] min Nobiling, Nunes 13 éste] est’é Nunes 15 mo] mh-o Nobiling : mi-o Nunes : mho Cohen : mi o Littera 18 mi] min Nobiling, Nunes
(I) Unha nova cantiga de amigo que fixo agora o meu amigo quererei agora aprender e coido logo entender, no cantar que di que fixo por min, se por min o fixo.
(II) Unha cantiga de amigo fixo e, se alguén me dixer fielmente como ela é feita, coido eu entender moi ben, no cantar que di que fixo por min, se por min o fixo.
(III) A cantiga é moi cantada, aínda que eu non a sei; mais, despois de ma cantaren, coido eu que entenderei, no cantar que di que fixo por min, se por min o fixo.
Esquema métrico: 3 x 7’a 7b 7’a 7b 7C 7C (= RM 99:63)
Encontros vocálicos: 2 agora‿aprender; 8 mi͜-o; 9 como‿el; 10 cuido‿eu
A expunción de el que Marroni realiza no verso é desnecesaria pola sinalefa como‿el.
Nótese a variación mo / mi-o en B e V, respectivamente, que permite optar por unha ou outra variante, por máis que atribuamos prioridade á lección de B, tal como acontece en diversas pasaxes ao longo dos cancioneiros (624.5, 806.6, 1032.10, ou 1450.16 –artigo–). Cfr. 239.18 ou 984.14, con lección mi-o e mi-a en A vs. B.
Por outra banda, a sintaxe esixe a emenda de <ouuerō>, a partir do común erro <o>/<e>, pois o futuro de subxuntivo é obrigado pola cláusula temporal de valor condicional introducida por pois, tendo como verbo principal entenderei, en futuro (v. 16).