1233 [= Tav 116,34]
Sei eu, donas, que non quer tan gran ben

Sei eu, donas, que non quer tan gran ben
om’outra dona com’a mí o meu
amigo quer, ca, porque lhi dix’eu
«non me veredes ja máis des aqui»,
desmaio[u] logo ben ali por én
e ouve log’i a morrer por min.
Porque lhi dixi que nunca veer
me poderia, quis por én morrer,
e fui ala e achei-o jazer
sen fala ja, e ouv’én gran pesar
e falei-lh’, [e] ouve-mi a conhocer
e diss’: «Ouví ũa dona falar».
Dix’eu «oistes?» ja po-lo guarir,
e guareceu; mai-la que vos disser
que ama tant[o] om’outra molher
mentir-vos-á, ca ja xo el provou
con quantas viu e achou-as partir
todas d’amor, e assi as leixou.
E ben vos poss’eu en salvo jurar
que outr’ome vivo non sab’amar
dereitamente, ca, per me provar,
veeron outros en min entender
se poderian de mí gaanhar,
mais non poderon de mí ren aver.
Mais aquel que tan de coraçon
quer ben, par Deus, mal seria se non
o guarisse, pois por mí quis morrer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 

Manuscritos


B 1217, V 822

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 312-313); Marroni (1968: 273-275 [= LPGP 749-750]); Cohen (2003: 451); Littera (2016: II, 250-251).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 282); Braga (1878: 155); Machado & Machado (1956: V, 326-327).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 59-60).

Variantes manuscritas


1 gran] g̃ra B   3 dix’eu] dizer B : dizeu V   6 morrer] moirer B   7 Porque] Porcħ B   8 morrer] moirer B : morren V   9 e achei-o] (h)e acheyo V   10 gran] grã B   12 Ouvi] ō ui B   13 oistes] o\y./(yi)stes V   20 vivo] uyno B   21 por] pre V   23 mí gaanhar] min gnaanhar V   24 poderon] podēro V; mí] min V; ren] tē B   25 coraçon] coracō B   26 quer ben] q̅r bē / (q̅r bē) V; se non] senõ V   27 morrer] moirer B

Variantes editoriais


3 dix’eu] diss’eu Nunes   5 desmaio[u]] desmaió Cohen   6 min] mi Nunes   12 Ouví] oi Cohen, Littera   14 vos] vus Marroni   15 tant[o] om’] tant’om[e] Nunes, Marroni   16 vos] vus Marroni   19 vos] vus Marroni   21 per] por Nunes, Cohen, Littera   22 veeron outros] vẽheron outrus Marroni   23 mí] min Nunes, Cohen; gaanhar] guaanhar Cohen, Littera   24 mí] min Nunes   25 que tan de coraçon] que [mi] tan de coraçon Nunes, Cohen, Littera : que [a]tan de coraçon Marroni

Paráfrase


(I) Sei eu, donas, que ningún home ama tanto a outra muller como a min me ama o meu amigo, pois, porque eu lle dixen «non me veredes máis desde hoxe», esmoreceu logo alí mesmo por iso e houbo de morrer alí por min.
(II) Porque lle dixen que nunca me podería ver, quixo morrer por iso, e fun alá e acheino xacendo xa sen fala, e sentín por iso gran pesar e faleille, e hóubome coñecer e dixo: «Ouvín unha dona falar?».
(III) Dixen eu «Ouvistes», xa para salvalo, e recobrouse; mais a que vos dixer que un home ama tanto outra muller mentiravos, porque el xa o provou con cantas viu e pareceulle que todas se afastaban do amor, e por iso as deixou.
(IV) E ben vos podo eu sen perigo xurar que ningún outro home vivo sabe amar como é debido, pois, para me pór a proba viñeron outros pretenderme a ver se podían tirar proveito de min, mais non puideron de min ren obter.
(1) Mais aquel que tan de corazón ama, por Deus, estaría mal se o non salvase, xa que por min quixo morrer.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10c 10a 10c (I, III [= Tav 183:8]) + 10a 10a 10a 10b 10a 10b (II, IV [= Tav 13:23])

Encontros vocálicos: 11 -mi‿a; 25 ma·is

Notas


Texto
  • 3

    A frecuencia do erro <z>/<x> (e aínda máis <x>/<z>), así como o feito de que a forma xeral da P1 de pretérito de indicativo de dizer sexa dixe (vs. disse, P3) fai máis verosímil a interpretación dix’eu, xa estabelecida en Marroni.

  • 5

    Inevitabelmente a lección <desmayo> é erro por <desmayou>, pois non é posíbel unha desinencia na P3 de pretérito da primeira conxugación, para alén das secuencias trivocálicas -ou-o/a que poden ser reducidas foneticamente (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §23b). Neste sentido, a forma desmaió de Cohen é errada.

  • 7

    Obsérvese o lapso do copista de B, cun aparente italianismo gráfico na copia de que, que volve aparecer en 1548.12 (e en V, en 497.2, 607.2, 625.3 e 640.2); en 1473.12 e 1679.18 o lapso afecta a voz aqui, copiada como <achi> (véxase Ferreiro 2012c).

  • 9

    A construción verbal de achar + infinitivo (tamén no v. 19: achou-as partir) equivale a ‘achar + xerundio’, e así aparece noutras cantigas profanas (592.13, 744.7, 1492.1, 1529.8, 1588.20); porén, é construción de escaso uso na lingua medieval. Véxase unha ocorrencia no Livro de José de Arimateia: e iam em oste a terra de Sorea sobr’el rei Samuel, que naquele ano matara um irmão d’el rei de Perçia por que o achara jazer com sua molheer (Miranda 2016: 177).

  • 12-14

    O período admite unha dupla articulación canto á presenza da interrogación. Con Cohen, optamos por introducila no v. 11, de modo que Oistes no v. 12 é resposta (coa reiteración verbal afirmativa) á pregunta anterior. Certamente, noutras edicións (Nunes, Marroni) optouse pola distribución contraria. Eis a presentación do editor portugués:

    e diss’ «ouvi ũa dona falar».
    Dix’eu «Oistes?» já polo guarir
    e guareceu, ...

    Por outra banda, a lección <ōui> de B debe ser lida como ouvi, a partir do erro <ō>~<on>/<ou> (derivado de <n>/<u>) que é moi frecuente ao longo dos cancioneiros, especialmente en B: <cōsimento> cousimento (116.22), <guisō> guisou (501.3), <uō> vou (564.7), <ōsara> ousará (589.3), <pōco> pouco (591.9), <baratō> baratou (729.5), <em car nō> encarnou (877.21), <ōui> ouvi (1233.12), <ōny> ouvi (1458.7), <sōbe> soube (1505.1, 1509.7), <buscō> buscou (1507.7), <nōtro> noutro (1509.1), <sōba> soub’a (1509.16), <cōsa> cousa (1510.1). E en V tamén se encontra o mesmo erro: <tornō> tornou (603.15), <morō> morou (865.12), <nō> vou (1012.20), <cōtre> voutre (1015.17)

    Así, en face da forma maioritaria oir, como evolución xeral de audīre na lingua trobadoresca (véxase Ferreiro 1999: §211a), a variante ouvir é de uso limitado no corpus (véxase 384.17, 633.24, 764.15, 804.15, 968.4, 1055.91233.12, 1322.13, 1346.22, 1361.3, 1522.4), tendo en conta que a P1 de presente indicativo (ouço) e o presente subxuntivo (ouça etc.) son formas únicas. Cfr. nota a 618.10. En calquera caso, non existe xustificación ecdótica para a emenda de Cohen e Littera en prol da forma oir por máis que convivan ouví (v. 12) e oistes (v. 13).

  • 15

    A reintegración vocálica ten máis sentido realizala na contigüidade vocálica (tant[o] om’) máis do que en om[e] (Nunes, Marroni), pois a vogal final -e contrae con maior facilidade coa voz seguinte iniciada por vogal.

  • 17

    Neste verso, a puntuación de Littera xera un texto gramaticalmente anómalo con respecto ao clítico as:
                             ... ca já x’o el provou
    ​​​​​​​          com quantas viu e achou: as partir
    ​​​​​​​          todas d’amor, e assi as leixou.

  • 23

    Nótese a diverxencia entre B e V no que di respecto a gaanhar vs. guaanhar, ambas as dúas formas existentes no corpus.

  • 25

    A partir da contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), son desnecesarias as diversas emendas dos editores neste verso, todas inducidas polo aparente problema de hipometría ([mi] en Nunes, Cohen e Littera; [a]tan en Marroni).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado