I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 561-562); Reali (1962: 176-177 [= LPGP 752-753]); Littera (2016: II, 266).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 283-284); Braga (1878: 155); Carter (2007 [1941]: 166-167); Machado & Machado (1956: V, 331-332); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 11); Seoane (1941: 56); Nunes (1932: 20-21); Nemésio (1961 [1949]: 174); Varela Jácome (1953: 24-25); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 79); Álvarez Blázquez (1975: 62); Torres (1977: 489); Alvar & Beltrán (1989: 171-172); Pena (1990: 44-45); Jensen (1992: 276); Alonso Girgado (1992: 75); Alvar & Talens (2009: 428); Mongelli (2009: 41); Gutiérrez (2023: 169).
1 ontr’as] antras BV 6 e] om. BV; add. Eu B : eu V 7 ontr’as] antras BV 8 com’á] comha V 9 E] Eu B : en V 10 des] et (des) A; enton] en cō BV 13 viss’aquel] uisse aq̄l B 14 mí] mī BV 15 enton, e vi-a] entonçe (dia) uya B; en tonçe uya V 16 nunc’a] ꞇ nunca A 21 Deus] des V 21-22 enton, e vi a / mui] enton ꞇuía / amuy A : entonçe euia / Mui B : entonçe euia / mui V
10 fez] faz Michaëlis 14 mí] min Reali 16 nunc’a] Nunca Reali, Michaëlis
(I) A que vin entre as ameas, Deus, que fermosa é! E mireina desde a area; desde entón penando me ten: eu mireina desde a area e desde entón sempre penei.
(II) A que vin entre as ameas, Deus, como é fermosa! E mireina desde a area; desde entón fíxome penar: eu mireina desde a area e desde entón sempre penei.
(III) Se non a vise aquel día, que sería de min? Mais quíxoo Deus entón, e vina; nunca a vin tan fermosa: eu mireina desde a area e desde entón sempre penei.
(IV) Se non a vise aquel día moito mellor me fora, mais quíxoo Deus entón, e vin a miña señora moi fermosa: eu mireina desde a area e desde entón sempre penei.
Esquema métrico: 4 x 7’a 7b 7’a 7b 8C 8C (= RM 99:64)
Esta composición de Pedr’Eanes Solaz é unha cantiga de amor, aínda que formalmente presenta algúns trazos arcaizantes típicos do xénero da cantiga de amigo, nomeadamente formas con conservación de -l, n- intervocálicos (véxase nota aos vv. 1, 3).
A cantiga presenta un duplo sistema de reiteracións versais, en que o 1º e 3º verso das estrofas I-II e das estrofas III-IV son repetidos.
No Cancioneiro da Ajuda atéstanse as tres variantes da preposición entre: ontre (92.20, 199.8, 1236.1 e 7), antre (309.21 e 22) e entre (149.r2). No que di respecto aos apógrafos italianos, só fornecen a variante antre (agás en 92.20, onde B comparte con A a forma ontre). De calquera maneira, a convivencia destas tres formas de entre lembra a concorrencia das variantes por ~ par ~ per, así como a evolución que se percibe nunha (rara) variante como ontroido e antroido para entroido (< ĭntroitum):
per tal condizom que dedes deles a min cada ano des dia de san martino atra dia d’Ontroydo C. soldos de móéda dos pretos blandos, a dous pretos por soldo (Lucas Álvarez & Lucas Domínguez 1996: 77).
Véxanse aínda outras atestacións no CGPA, s.v. ontroydo.
Por outra parte, a forma amenas (tamén no v. 7), igual que arenas (vv. 3, r1, 9), como outras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo (irmana, louçana, Granada, venia etc.), mostra a conservación de -n- intervocálico, sen dúbida como decoración arcaizante propia deste xénero (véxase Ferreiro 2008b).
Para alén de arenas, e amenas (véxase nota ao v. 1), a forma pronominal la, do mesmo xeito que acontece coas formas do artigo (véxase nota a 587.3), manifesta a conservación de /l/ en posición posvocálica, fonema desaparecido nestas formas xa había tempo. A súa presenza debe ser atribuída a unha vontade retórica arcaizante (véxase Ferreiro 2008b, 2013a), igual que acontece noutras cantigas de amigo (586, 647, 660, 1205).
Tal como acontece coa secuencia los meus cabelos (1166.1), neste primeiro verso do refrán prodúcese unha secuencia similar, onde talvez haxa unha asimilación fonética de /l/ a -s precedente (eu das arenas la mirei = *eu das arenas-la mirei).
Nestes dous versos advírtese a presenza excedente da conxunción copulativa e, que os apógrafos italianos, neste caso asisadamente, non copian. Neste sentido, para alén desta cantiga, existen diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).
Nótese a rima dia : vi-a (vv. 13-15) e dia : vi a (vv. 19-21), que engloba elementos lingüísticos independentes, do mesmo modo que nas cantigas 634.18-21 (u me - lume - queixume), 1334.15, 18 e 21 (ten o - pequeno - neno) e 1437.4-5 (ben as – pequenas), e dun modo similar, con verbo + clítico nas cantigas 292.14-16 (soo - doo - negó-o), 443.7-9 (vi-as - dias - dirias), 807.8, 11 e 14 (vi-a - averria - querria), e 1344.25-31 e mais 26-32 (pao - dá-o - vao - mao; paa - dá-a - vaa - maa), 1638.10-11 (as[s]eitou-me – er[r]ou-me). Véxase Ferreiro (2021b).
Repárese na variación entón (< ĭn-tŭnc) / entonce (< *ĭn-tŭnce) entre A vs. BV (tamén no v. 21), que non afecta a medida por canto entonce estabelece crase coa copulativa seguinte (entonc’e).
Para alén da presenza espuria da copulativa (véxase nota ao v. 10), a segmentación do pronome realizada por Cohen en nunca (nunc’a) é conveniente para explicitar o CD de vi.
No Cancioneiro da Ajuda aparece repetido o artigo, que forma parte da rima do v. 21, no inicio deste verso.