126 [= Tav 97,30]
Pero que punh’en me guardar

Pero que punh’en me guardar
eu, mia senhor, de vos veer,
per ren non mi-o queren sofrer
estes que non poss’eu forçar:
meus olhos e meu coraçon
e Amor, todos estes son
os que me non leixan quitar,
ca os meus olhos van catar
esse vosso bon parecer,
e non os poss’end’eu tolher
nen o coraçon de cuidar
en vós; e a toda sazon
ten con eles Amor, e non
poss’eu con tantos guerr[e]ar,
ca lhi non poderei guarir
nelhur se o provar quiser;
e por esto non mi á mester
de trabalhar en vos fogir,
ca eu como vos fugirei,
pois estes, de que tal med’ei,
me non leixan de vós partir?
E, pois m’alhur non leixan ir,
estar-lhis-ei, mentr’eu poder,
u vos vejan, se vos prouguer,
e aver-lhis-ei a comprir
esto que lhis praz, eu o sei,
e outro prazer lhis farei:
morrer-lhis-ei, pois vos non vir.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 61, B 151

En A a copia interrómpese no derradeiro verso da primeira estrofa (falta leixan quitar do v. 7).

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 126-127); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 65-66 [= LPGP 654]); Littera (2016: II, 133).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 61); Carter (2007 [1941]: 39); Machado & Machado (1949: I, 220-221); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 126).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 621-622); Fidalgo (2009a: 76); Souto Cabo (2017: 174).

Variantes manuscritas


1 en] eu B   2 eu] en B; vos] uos A   4 forçar] forcar B   5 coraçon] coracon B   6 estes] stes B   7 que] qⁱ B   10 non os] nou B   28 morrer-] moire\r/ B

Variantes editoriais


2 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   7 me] m’e[n] Bertolucci Pizzorusso, Littera   8 olhos] olhus Bertolucci Pizzorusso   10 non os] nonus Bertolucci Pizzorusso   13 Amor] amor Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   14 tantos] tantus Bertolucci Pizzorusso; guerr[e]ar] guerr[ei]ar Littera   15 ca lhi] C’alhi Michaëlis   18 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   19 vos fugirei] vus fogirei Michaëlis : vus fugirei Bertolucci Pizzorusso   24 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   28 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso

Paráfrase


(I) Aínda que eu fago canto podo, miña señora, por evitar vervos, de forma ningunha mo queren soportar estes que eu non podo forzar: os meus ollos e o meu corazón e Amor, todos estes son os que non me deixan evitar (vervos), (II) porque os meus ollos van catar a vosa fermosura e non os podo eu privar nin ao corazón de pensar en vós; e todo o tempo xúntase a eles Amor, e non podo eu con tantos loitar, (III) pois non lles poderei fuxir en ningunha parte se o quixese intentar; e por isto non me serve de nada tratar de vos fuxir, porque como vos hei fuxir se estes, de quen tal medo teño, non deixan que me afaste de vós?

(IV) E xa que non me deixan ir a ningures, estareilles, mentres eu puider, onde vos vexan, se o tiverdes a ben, e cumprireilles isto que eu sei que lles prace, e (aínda) outro pracer lles farei: morrereilles, cando vos non vexa.
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= Tav 161:263)

Encontros vocálicos: 3 mi-‿o; 17 mi‿á

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55.
    Nas anteriores edicións (Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso, Littera) non aparece reflectida ningún tipo de ligazón interestrófica.

  • 7

    A introdución do pronome én en Bertolucci non parece necesaria, pois me é o CD de quitar.

  • 14

    Guerrear (<guerra + -ear) é documentación única no corpus, fronte a guerrejar. Véxase nota a 254.15.

  • 15

    A lectura de Michaëlis da secuencia <Calhi> é obviamente errada, pois ca non sofre elisión (véxase Ferreiro 2012b) e alhi sería un flagrante castelanismo.

  • 16

    Nelhur é ocorrencia única fronte a nenllur (241.29), forma que tamén é utilizada nas Cantigas de Santa Maria.

  • 19

    O verbo fugir é variante da forma, aínda maioritaria, fogir (< fŭgĕre) (cfr. v. 18), que sofreu un proceso de asimilación e harmonización vocálica ([o...í] > [u...í]) que afecta tamén as formas conxugadas; un proceso similar verifícase noutros verbos con representación no corpus profano: bulir (vs. bolir), cuspir (vs. cospir), destruir (vs. destroir), nuzir (vs. nozir); o mesmo acontece coas formas avurrido ou fugido. Cfr. nota a 460.2.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado