1272 [= Tav 51,5]
O voss’amigo foi-s’oje d’aqui

O voss’amigo foi-s’oje d’aqui
mui triste, amig’, assi mi venha ben,
porque non ousou vosco falar ren,
e manda-vos esto rogar per mí:
que perça ja de vós med’e pavor
e falará vosc’, amiga, melhor.
O voss’amigo non pode perder
pavor, amiga, se por esto non,
[per] perdõardes-lhi de coraçon,
e manda-vos el rogar e dizer
que perça [ja de vós med’e pavor
e falará vosc’, amiga, melhor].
Quando s’el foi, chorou muito dos seus
olhos, amiga, se mi venha ben,
porque non ousou vosco falar ren,
e manda-vos esto rogar por Deus:
que perça ja de vós [med’e pavor
e falará vosc’, amiga, melhor].
Veja-se vosc’e perderá pavor
que á de vós, e est’é o melhor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1256, V 861

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 422 [= LPGP 341-342]); Cohen (2003: 490); Littera (2016: I, 384).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 295); Braga (1878: 162); Machado & Machado (1956: V, 369).

Variantes manuscritas


4 rogar] roguar BV   9 perdõardes] perdoardes V   10 rogar] rog(u)ar B   13 dos seus] da seꝯ V   14 olhos] olhus V   16 esto] este B   17 perça] ꝑca B   19 Veja-se vosc’e] Veias\s/(q)ue uosqȝ V   20 e] et V

Variantes editoriais


2 amig’, assi] amiga, si Cohen, Littera   4 rogar] roguar Nunes   9 [per] perdõardes-lhi] perdõardes-lhi [vós] Nunes : [por] perdõardes-lhi Cohen, Littera   20 est’é] éste Littera

Paráfrase


(I) O voso amigo foise hoxe de aquí moi triste, amiga, así me veña ben, porque non ousou falar convosco de cousa ningunha, e mándavos rogar isto a través de min: que perda xa medo e pavor de vós e falará convosco, amiga, mellor.
(II) O voso amigo non pode perder o medo, amiga, senón é por isto, porque o perdoedes de corazón, e mándavos rogar e dicir que perda xa medo e pavor de vós e falará convosco, amiga, mellor.
(III) Cando se foi, chorou moito, amiga, así me veña ben, porque non ousou falar convosco de cousa ningunha, e mándavos rogar isto por Deus: que perda xa medo e pavor de vós e falará convosco, amiga, mellor.
(1) Que se vexa convosco e perderá o medo que ten de vós, e isto é o mellor.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:70) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 2 triste,‿amig’

Notas


Texto
  • *

    Nótese a repetición de ben e ren como palabras rimantes nos vv. 2-3 das estrofas I e III; neste sentido, poderíase conxecturar a ausencia dunha estrofa IV para estabelecer o mesmo xogo rimático con non e coraçon (da estrofa III).

  • 2

    As leccións <Amigassi> B e <amigassi> V aconsellan segmentar o conglomerado vocabular como amig’assi por máis que se perda clareza por opacar a forma amiga, que transparece en Cohen e Littera (amiga, si mi venha ben), que talvez se guiaron polo v. 14, que le amiga, se mi venha ben.

  • 9

    Desde o punto de vista crítico, a integración da variante preposicional per é ben razoábel antes de perdõardes: puido perderse por haplografía.

  • 14

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<olhus>); na realidade, esta grafía aparece case de modo exclusivo en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 15

    Repárese en que este verso é repetición literal do terceiro verso da estrofa I (v. 3). Véxase unha situación similar en 1267.3 e 8.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado