1276 [= RM 88,5]
Ir-vos queredes, amigo?

– Ir-vos queredes, amigo?
Mais viide-vos mui cedo!
– Ai mia senhor, ei gran medo
de tardar, ben vo-lo digo,
ca nunca tan cedo verrei
que eu non cuide que muito tardei!
– Amigo, rogo-vos aqui
que mui cedo vos venhades!
– Sen[h]or, por que me rogades?
Ca sei ben que sera assi:
ca nunca tan cedo verrei
[que eu non cuide que muito tardei!]
– Amigo, vossa prol sera,
pois vos ides, de non tardar.
– Senhor, que prol mi á de jurar?
Ca sei ben quanto mi averra:
ca nunca tan cedo verrei
[que eu non cuide que muito tardei!]
E, senhor, sempre cuidarei
que tardo muito, e que farei?
– Meu amigo, eu vo-lo direi:
se assi for, gracir-vo-lo-ei!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 

Manuscritos


B 1260, V 865

As dúas fiindas foron numeradas por Colocci.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 425-426); Tavani (1964: 47 [= LPGP 601-602]); Cohen (2003: 494); Littera (2016: II, 64).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 296); Braga (1878: 162-163); Machado & Machado (1956: V, 373).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 46); Sansone (1990: 136).

Variantes manuscritas


2 viide-vos] mi deu9 V   3 gran] grã B   5 verrei] ueirey B   9 Sen[h]or] Senō B : se nō V   11 verrei] veirey B   16 averra] aueira B

Variantes editoriais


1 vos] vus Tavani   2 viide-vos] vĩide-vus Tavani : vĩide vos Cohen : viinde-vos Littera   6 muito] om. Nunes   7 vos] vus Tavani   8 vos] vus Tavani   12 muito] om. Nunes   14 vos] vus Tavani   18 muito] om. Nunes

Paráfrase


(I) –Querédesvos ir, amigo? Pois volvede moi cedo! 
–Ai miña señora, teño moito medo de tardar, dígovolo en verdade, que nunca tan cedo virei que non pense que moito tardei!

(II) –Amigo, prégovos aquí que veñades moi axiña! 
–Señora, por que me rogades? Porque sei ben que será así: que nunca tan cedo virei que non pense que moito tardei!

(III)–Amigo, será para o voso proveito, xa que vos ides, que non tardedes. 
–Señora, que proveito me ten xurar? Pois sei ben o que me acontecerá: que nunca tan cedo virei que non pense que moito tardei!

(1) E, señora, sempre pensarei que tardo moito, e que farei? 

(2) –Meu amigo, diréivolo eu: se así for, agradeceréivolo!

Métrica


Esquema métrico: 7’a 7’b 7’b 7’a 8C 10C (I [= RM 160:431]) + 8a 7’b 7’b 8a 8C 10C (II [= RM 160:408]) + 8a 8b 8a 8b 8C 10C (III [= RM 160:313]) + 2 x 8c 8c

Encontros vocálicos: 15 miá; 16 miaverra; 20 muito,e; 21 amigo,eu; 22 -lo͜-ei

Notas


Texto
  • 5

    Nótese a variación funcional de ca, que na primeira ocorrencia do refrán ten valor causal, e completivo nas estrofas II-III. Cfr. nota a 27.4.

  • 6

    O refrán da cantiga combina versos de 8+10 sílabas, un feito que non é estraño (véxanse, por exemplo, as cantigas UC 676, 1140 ou 1276).  Neste sentido, Nunes actuou inxustificamente no segundo verso do refrán, omitindo muito para o nivelar a métrica con dous versos octosilábicos.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado