1140 [= RM 22,13]
Pois mi dizedes, amigo, ca mi queredes vós melhor

Pois mi dizedes, amigo, ca mi queredes vós melhor
de quantas eno mundo son, dizede, por Nostro Senhor:
se mi vós queredes gran ben,
e como vos [ir] podedes d’aquen?
E, pois dizedes ca poder non avedes d’al tant’amar
come min, ai meu amigo, dizede, se Deus vos ampar:
se mi vós queredes [gran ben,
e como vos ir podedes d’aquen?]
E, pois vos eu ouço dizer ca non amades tan muit’al
come mí, dized’, amigo, se Deus vos lev’a Bonaval:
se mi vós queredes [gran ben,
e como vos ir podedes d’aquen?]
Porque oi sempre dizer d’u ome muit’amou molher
que se non podia end’ir, pesar-mi-á se eu non souber
se mi vós queredes [gran ben,
e como vos ir podedes d’aquen?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscritos


B 1138, V 729

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 328-329); Indini (1978: 159-160 [= LPGP 169]); Cohen (2003: 364); Littera (2016: I, 157).

II. Outras edicións: Monaci (1875: 255-256); Braga (1878: 139); Machado & Machado (1956: V, 204-205); Berardinelli (1985: 18-19); Camargo et alii (1992: 46).

III. Antoloxías: Nunes (1959: 276); Varela Jácome (1953: 9-10).

Variantes manuscritas


4 E eo mo vos podedes da quen B : e como uos podedes daquen V   10 ouço] onco B : ouzo V; muit’al] muyta(m)al V

Variantes editoriais


En Nunes e en Indini a cantiga é presentada con versos heptasilábicos graves e octosilábicos agudos no corpo da estrofa. En Cohen, os dous versos do refrán forman un só verso longo, da mesma medida que os do corpo da estrofa.

4 e como vos [ir] podedes] ir como podedes Nunes, Indini, Littera : como podedes <ir> Cohen   8 e como vos ir podedes] ir como podedes Nunes, Indini, Littera : como podedes <ir> Cohen   12 e como vos ir podedes] ir como podedes Nunes, Indini, Littera : como podedes <ir> Cohen   16 e como vos ir podedes d’aquen] ir como podedes d’aquen Nunes, Indini : ir como podedes d’aquem Littera : como podedes <ir> daquen Cohen

Paráfrase


(I) Pois me dicides, amigo, que me queredes vós mellor que a cantas viven no mundo, dicídeme, por Noso Señor: se me amades tanto, como vos podedes ir de aquí? 

(II) E pois dicides que non podedes amar tanto cousa ningunha como a min, ai meu amigo, dicídeme, así Deus vos ampare: se me amades tanto, como vos podedes ir de aquí?

(III) E pois vos ouzo dicir que non amades tanto ningunha outra cousa como a min, dicídeme, amigo, así Deus vos leve a Bonaval: se me amades tanto, como vos podedes ir de aquí?

(IV) Porque ouvín dicir sempre que cando un home amou moito unha muller non podía irse de alí, pesarame se non souber se me amades tanto, como vos podedes ir de aquí?

Métrica


Esquema métrico: 16a 16a 8B 10B (= RM 37:2)

Encontros vocálicos: 14 -mi͜

Notas


Texto
  • 4

    No segundo verso do refrán semella obvia a ausencia do verbo ir; ora ben, os anteriores editores optaron pola regularización métrica e, para alén de integraren o verbo omitido, omiten a copulativa inicial (expletiva) e o pronome vos (<vos> B, <uos> V), sintacticamente rendíbel no verbo ir-se. Optamos, na presente edición, por respectar no posíbel a lección manuscrita: de aí que se propoña un refrán em dous versos con medidas diversas, conservando os elementos omitidos pola crítica precedente, e máis cando a forma pronominal vén esixida pola sintaxe e polo hermenéutica do texto. Para estruturas similares no refrán das cantigas, véxanse UC 1029 e 1276).

  • 5-6

    A habitual construción come mí ~ min (tamén 42.21, 128.27, 142.19, 218.14, 953.3, 1074.3), en liña co que acontece no galego moderno, onde só é posíbel coma min, convive no corpus coa utilización de eu como segundo termo da comparación introducida por come (come eu), levemente minoritaria (43.15, 150.2, 723.20, 978.8, 1074.5 e 1593.r2)

  • 11

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2, 221.2, 224.1, 277.23, 315.2, 511.14, 526.6 559.2, 573.12, 703.1, 720.1, 733.15, 845.11, 940.10, 1140.10, 1284.18). Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

    Bonaval refírese a S. Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado