I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 430-431); Tavani (1964: 72-73 [= LPGP 602]); Cohen (2003: 499); Littera (2016: II, 67).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 298); Braga (1878: 163-164); Machado & Machado (1956: V, 378).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 253).
2 tiinha] tunha V 4 ainda máis querria] arnda mays q̅iria B : auida mays q̅rria V 10 de sí] (desse) dessy B 16 gran] grã B
1 J’agora] Ja ‘gora Nunes, Cohen, Littera 2 tiinha] tĩia Cohen 4 querria] queria Tavani, Cohen, Littera 9 non dorme nen á [o] sén] non dorme nen á sen Tavani : non dorme nen <ar> á sen Cohen : nom dorme [já] nem há sem Littera 13 est’é l’ome] est el home Littera
(I) Xa agora o meu amigo aceptaría de min o que el tiña por pouco, falar comigo, pois estaba tan túzaro comigo que aínda quería máis: e xa aceptaría, se eu quixese, falar comigo, e que nunca outra cousa lle fixese.
(II) Dinme que está tan coitado por min, desde que non falou comigo, que non dorme nin está cordo nin sabe que facer de si, e xa aceptaría, se eu quixese, falar comigo, e que nunca outra cousa lle fixese, (III) pois este é o home que máis pedía, e non quixo (conformarse con) falar comigo, e agora xura que xa esqueceu a gran tolaría de que antes me falaba, e xa aceptaría, se eu quixese, falar comigo, e que nunca outra cousa lle fixese.
(1) E xura que nunca me falaría de que eu lle fixese ningunha cousa que me prexudicase.
(2) Con tal de que poida falar comigo, non hai xa promesa que non me faga.
Esquema métrico: 3 x 10’a 10’b 10’b 10’a 10’C 10’C (= RM 160:256) + 2 x 10’c 10’c
Ao longo do corpus áchanse poucas ocorrencias de ja con crase coa voz seguinte (sempre iniciada por a-), talvez polo carácter semitónico do adverbio: j’a –pronome ou preposición– (25.3, 64.10, 1588.20), j’alguen (92.24), j’assi (238.10, 408.4), j’agora (365.16, 764.r2), j’amigo (689.2). Nótese como en todos os casos ja perde tonicidade (coa conseguinte facilidade para a crase) perante unha tónica inmediata (alguen, assi, agora, amigo) ou case inmediata (poder).
Obsérvese a representación gráfica (ou fonolóxica?) de tiinha como tĩia en Cohen, contra a realidade dos manuscritos.
O erro dos apógrafos italianos para ainda, e nomeadamente a lección de V, lembra o mesmo lapso de copia nunha fiinda de Don Denis (ainda <amda> B, <auida> V; 542.19).
A expresión do período non esixe a mudanza querria > queria que, agás Nunes, todos os editores realizaron, contra a lección dos manuscritos; de feito, a presenza do pospretérito é coherente co tempo copretérito con que estabelece correlación (era ... queria, v. 3).
Obsérvese a aparición da forma do artigo lo, con /l/, en crase con ome, nunha cantiga de amigo sen intención arcaizante, talvez para evitar unha secuencia vocálica cacofónica e/ou unha inusual sinalefa. Cfr. nota a 587.3. Neste sentido, extraer unha forma el para o artigo como fai Littera (el home) contradí o uso dos trobadores, xa que a única forma el para o artigo é a utilizada exclusivamente con rei (el-rei).
Nos vv. 15 e 19 obsérvase un infrecuente uso do pretérito de subxuntivo con valor de pretérito de indicativo (ou de antepretérito): e ora jura que ja se quitasse / de gran sandic’en que m’ante falava (v. 15); E jura ben que nunca mi dissesse / de lh’eu fazer ren que mal m’estevesse (v. 19).