I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 119); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 103 [= LPGP 649-650]); Littera (2016: II, 129-130).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 69); Carter (2007 [1941]: 36); Marques Braga (1945: 117); Machado & Machado (1949: I, 254); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 143).
III. Antoloxías: Spina (1972: 298-299); Torres (1977: 478).
3 coita a] coyta B 9 tenn’atal] tenho tal B 15 á saber] a assaber B
3 coita] coit(a) Michaëlis : coyt’ Bertolucci Pizzorusso : coit' Littera 9 tenn’atal] tenho tal Bertolucci Pizzorusso, Littera 15 á] á / a Bertolucci Pizzorusso, Littera
(I) Non ouso dicir nada á miña señora, e sen o seu ben non hei perder a coita moi grande: vede que coita de sufrir!
(II) Por amar a quen non me atreverei a lle falar, aínda que non perderei a gran coita sen o seu favor, vede que coita de sufrir!
(III) Por unha gran coita teño esta de amar a quen nunca o meu mal nin a miña coita lle hei dicir: vede que coita de sufrir!
(IV) E vexo que morro de amor e, aínda que vexo a miña señora, nunca por min o ha saber: vede que coita de sufrir!
Esquema métrico: 4 x 8a 8a 8b 8B (= RM 37:53)
Encontros vocálicos: 3 coita‿a
A formación nominal ben-fazer ‘beneficio, auxilio, favor’, derivada do correspondente sintagma tan frecuente na cantiga de amor, constitúe unah formación nominal (similar a ben-querer), frecuente no corpus das cantigas. De calquera maneira, o mesmo substantivo pode verse, en formulación singular e plural, noutras obras da última Idade Media:
Ca o escudeiro que anda con algun senhor e o senhor lhe non dá encarrego de seus feitos, como encomendando-lhe ofiçio ou mandando recadar algũas cousas, sempre seu bemfazer está en ventura (Livro de Monteria; cfr. CGPA).
e as rrendas eram postas em seu poder, afora muitos herdamentos moviis e de rraiz e muito bem-fazer da rrainha sua irmãa (Fernão Lopes, Crónica de D. Fernando; Macchi 2004: 355-356).
Milhor cousa he padecer por uerdade tormẽto que per louuaminha e per adulaçom gaanharem bemfazer (Orto do Esposo; cfr. CGPA).
ca veemos que alguũs synaaes dan largamente aos que lhe pormeten en grandes bem fazeres (Livro das Confissões; Martín Pérez 2012-2013: 367).
Na lingua trobadoresca a forma atal aparece en concorrencia coa forma simple tal, mesmo con convivencia das dúas variantes na mesma composición: 128, v. 17 tal vs. 12 e 17 atal; 147, vv. 1, 8 e 15 tal vs. v. 14 atal; 200, vv. 24 e 26 tal vs. v. 15 atal; 222, vv. 4 e 10 tal vs. v. 8 atal etc.). Ademais, pode comprobarse como nos diversos manuscritos alternan as dúas formas: 82.11: atal don’amar A vs. tal dona amar B; 128.12 e 17: d’atal A vs. de tal B; 143.9: tenh’atal A vs. tenho tal B; 430.27: co[n]ven tal afan a sofrer A vs. conven atal afan sofrer B. Así mesmo, nalgún caso A ofrece atal onde B ofrece un verso hipómetro (véxase 202.15), ao tempo que B pode presentar a variante atal (vs. tal A) que debe ser corrixida para evitar a hipermetría (167.2, 188.2, 200.15). Cfr. nota a 83.7.
Entre a lección de A (aver + infinitivo) e a de B (aver + a + infinitivo), resulta máis acaída a de Ajuda do punto de vista métrico, porque evita unha sinalefa, para alén de se documentar o mesmo uso en Pero Garcia Burgales: assi / por quen no nunca per min á saber (175.14).