165 [= RM 106,16]
Quando mi agora for e mi alongar

Quando mi agora for e mi alongar
de vós, sennor, e non poder veer
esse vosso fremoso parecer,
quero-vos ora, por Deus, preguntar:
sennor fremosa, que farei enton?
Dized’, ai coita do meu coraçon!
E dizede-me en que vos fiz pesar,
por que mi assi mandades ir morrer,
ca me mandades ir allur viver;
e, pois m’eu for e me sen vós achar,
sennor fremosa, que farei enton?
[Dized’, ai coita do meu coraçon!]
E non sei eu como possa morar
u non vir vós, que me fez Deus querer
ben por meu mal; por én quero saber:
e quando vos non vir nen vos falar,
sennor fremosa, que farei enton?
[Dized’, ai coita do meu coraçon!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 76, B 189

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 162 [= LPGP 690-691]); Pousada Cruz (2013: 171); Littera (2016: II, 180-181).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 76-77); Carter (2007 [1941]: 45-46); Marques Braga (1945: 149); Machado & Machado (1949: I, 290); Camargo et alii (1995: 66-67); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 165).
III. Antoloxías: Spina (1972: 310); Mongelli (2009: 15).

Variantes manuscritas


1 mi agora for e mi alongar] magora for emalongar B   4 vos] uus A   7 me en] men B   8 pʳ me q̄ mandades assi moirer B   10 e me] me B; achar] m achar B   14 me] mj B   16 e] {} A : om. B; vos] u eu B

Variantes editoriais


4 vos] vus Michaëlis   7 me] m(e) Michaëlis, m’ Littera; vos] vus Michaëlis   12 Dizede] Dized’ Michaëlis, Littera   16 e] om. Pousada Cruz; vos ... vos] vus ... vus Michaëlis; vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Cando agora me vaia e me afaste de vós, señora, e non poida ver esa vosa fermosura, quérovos agora, por Deus, preguntar: señora fermosa, que farei entón? Dicide, ai coita do meu corazón!

(II) E dicídeme en que vos causei pesar, por que así me mandades ir morrer, pois me mandades ir vivir a outro lugar; e, despois que eu me vaia e me ache sen vós, señora fermosa, que farei entón? Dicide, ai coita do meu corazón!

(III) E non sei eu como poderei morar onde non vos vexa a vós, a quen Deus me fixo querer ben para o meu mal; por iso quero saber: e cando vos non vexa nin vos fale, señora fermosa, que farei entón? Dicide, ai coita do meu corazón!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:183)

Encontros vocálicos: 1 miagora, mialongar; 6 Dizede,ai; 7 meen; 8 miassi; 12 Dizede,ai

Notas


Texto
  • 10

    A conxunción copulativa inicial, o mesmo que no v. 16, funciona basicamente como introdutora da interrogación que se explicita no primeiro verso do refrán. Cfr. nota a 3.21.

  • 14

    O pronome vós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 14-15

    Repárese no encabalgamento orixinado pola segmentación en final de verso dos dous constituíntes da expresión verbal querer ben ‘amar0, por medio do cal toma relevo a antítese ben / mal. Tanto a expresión querer ben, como a antítese ben / mal, son moi frecuentes, mais aquí teñen un tratamento notábel debido a esta disposición. 

  • 16

    A copulativa inicial do verso (véxase tamén nota ao v. 10) é produto dunha corrección marxinal de A para resolver a hipometría da copia primeira, que en B non se produce por ter introducido o pronome suxeito eu. Con todo, neste verso Pousada Cruz opta pola lección do apógrafo italiano, coa conseguinte adaptación puntuativa, por razóns rítmicas.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado