I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 168-169 [= LPGP 689-690]); Pousada Cruz (2013: 204-205); Littera (2016: II, 183).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 78); Carter (2007 [1941]: 47-48); Marques Braga (1945: 154-155); Machado & Machado (1949: I, 295-296); Camargo et alii (1995: 76); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 169).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 151-152); Vasconcellos (1959: 21-22); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 152).
2 ouço del sempre] oy sempre del B 6 ampare] empare B 7 Pero] Po B; fige] fiz B 10 polo gran med’en] ꝑola grā coit en B 11 me] mj B 13 ampararei] enpararey B 14 amparar] mēparar B 16 polo] ꝑo B; del ei] dela ey B 23 mi amostr’aquel] mj mostra q̄l B
18 m’ampare] mi ampare Michaëlis, Littera 19 min] mi Michaëlis, Littera
(I) Desde que nacín nunca vin a Amor e ouzo sempre falar del, aínda que sei que me quere matar; mais rogarei á miña señora que me mostre aquel matador ou que me ampare del mellor.
(II) Porén, eu nunca lle fixen nada polo que el me teña de matar; mais quero eu rogar á miña señora, polo gran medo en que (Amor) me ten, que me mostre aquel matador ou que me ampare del mellor.
(III) Nunca me eu del ampararei se me ela non ampara; mais quero eu rogar á miña señora, polo gran medo que del teño, que me mostre aquel matador ou que me ampare del mellor.
(IV) E xa que Amor ten sobre min tan gran poder de me matar, e eu non o podo ver, rogareille á miña señora así: que me mostre aquel matador ou que me ampare del mellor.
Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8A 8A (I) + 8a 8b 8b 8a 8C 8C (II-IV) (= RM 160:365)
Nótese a mesma variación temporal ouço / oi entre A e B, que aparece con relativa frecuencia en faz / fez. Véxase nota a 130.10.
A transmisión unánime de AB confirma a orixinal variación lingüística no refrán da cantiga, coa aparición das variantes mostrar (estrofas I e II) e amostrar (estrofas III e IV), así como me ~ mi (véxase nota a 102.26). Cfr. nota a 27.4-6.
Matador é forma única no corpus trobadoresco, e pouco usada no período medieval (véxase CGPA s.v. matador).
A forma ampare resulta anómala pola vogal final -e que tiña desaparecido no tránsito do latín ao galego-portugués e que agora (e mais en 423.23) reaparece por un proceso analóxico que afectou a diversas formas verbais (val > vale etc.) e que se foi consolidando progresivamente na lingua. Cfr. nota a 983.24-25.
A P1 de pretérito de fazer, igual que acontece nos verbos poer e querer, pode aparecer cunha forma palatalizada fige (ou figi en BV) pola acción de -ī final sobre a base latina fēcī. Deste modo, fronte á forma xeral fiz aparece unha forma bisilábica, que tamén pode encontrarse baixo a forma fize (véxase nota a 95.13), que neste caso garante a medida octosilábica do verso, face ao erro métrico de B coa variante fiz.
A lección de B (pola gran coit’en que me ten [a senhor]) é unha evidente trivialización da lección transmitida no Cancioneiro da Ajuda. A causa será a rarísima presenza nesta cantiga da figura de Amor como matador e causante do medo contra o que o namorado lle pide á dama que o ampare. Cfr. nota ao v. 16.
Tal como no v. 10, tamén aquí hai unha variante notábel entre as dúas versións manuscritas. O que a primeira vista parece unha interesante variación estilística entre A (polo gran medo que del [do Amor] ei) e B (pero gran medo que dela [da senhor] ei) non deixa de ser unha trivialización da lectura de A. Na versión de B, tanto neste verso como no v. 10, o medo e a coita son atribuídos á senhor e non á figura do matador, que é o elemento máis orixinal desta cantiga. De novo o erro inicial de B (<ꝑo> = pero, no canto de polo) apunta a unha transmisión deficiente. Cfr. nota ao v. 10.