I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 813-814); Spampinato Beretta (1987: 66-68 [= LPGP 298-299]); Littera (2016: I, 316-317).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 98); Machado & Machado (1949: I, 372-373); Rios Milhám (2018a: II, 213).
2 u] du B 8 é, i estar] ei destar B 17 a sei] assy sey B
6 end’á long’a] alongad’end’ Michaëlis 8 i] om. Michaëlis, Spampinato Beretta, Littera 13 coita] coit(a) Michaëlis 16 coit’a min] coita, min Michaëlis, Spampinato Beretta : coita, mim Littera 21 fez] faz Spampinato Beretta 24 com’aver] con aver Michaëlis : com aver Spampinato Beretta, Littera
(I) Todo aquel a quen Deus fai morar onde está a muller que ama, sei eu ben que nunca ten unha gran coita no seu corazón, a pesar de a poder ver; mais para quen en tal circunstancia ten de vivir lonxe, esta coita non ten igual, (II) porque, xa que pode estar alí onde ela está, non sabe o que é unha coita grande, porque sen dúbida ten no seu pensamento dicirlle o moito que a ama, e non pode ter unha gran coita en canto pense niso.
(III) E quen quixer preguntar por unha gran coita pregúnteme a min por ela, porque eu a coñezo, vede por quen: por min mesmo e polo meu corazón; e faima coñecer a miña señora, e a súa gran beleza, e Deus, que me fixo ir lonxe de alí (IV) para vivir sempre con gran pesar de min mesmo e para eu perder o siso, como ter que vivir sen quen eu ben sei que, onde non a vexa, nunca podo sentir pracer de ningunha cousa. Vede que coita (tan difícil) de soportar!
(1) E a quen outra tal non sufra non debedes crer o que diga dunha gran coita, se dela falar.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8d 8d 8a + 8d 8d 8a (= RM 204:3)
Encontros vocálicos: 8 ela‿é; 13 coita‿aver; 19 mi-‿a
Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha leve ruptura simétrica coa copulativa e, véxase nota á cantiga 24.
A interpretación acaída deste verso provén da consideración de se como un dativo ético ou de interese, de modo que o verso signifique ‘aínda que a pode ver’. Deste xeito, matízase a afirmación inicial do trobador: ‘O home que pode morar a carón da dona amada nunca terá unha coita inmensa, mais sempre sufrirá pola senhor a pesar de a poder ver’.
Non está xustificada a expunción de i, pertinente do punto de vista semántico e non problemático do punto de vista métrico, polas diversas posibilidades de sinalefa na secuencia u ela é i estar.
O erro assi por i debeu ser inducido na copia de B polo sei seguinte.
Non ten sentido a lectura con aver a partir de <comau’> de B, en vez da lectura obvia com’aver; isto é, a conxunción como ou come (nunha frase interrogativa que tamén podería formularse como enunciativa), que nin Michaëlis nin Spampinato nin Littera consideraron.