I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 266-267 [= LPGP 930-931]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 120-121); Littera (2016: II, 480-481).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 106-107); Carter (2007 [1941]: 79); Marques Braga (1945: 249-250); Machado & Machado (1950: II, 18-19); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 237).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 91-92); Alvar & Beltrán (1989: 244); Diogo (1998: 109-110).
4 sempre o] sempro B 5 vos] uus A 6 vos] uus A; me] mj B 9 vos] uus A; morrer] moirer B 11 vel] ar B; vos] uus A 12 moir’, esto] moyro esto B 13 quisessedes, sennor] quiserdes mia sēnor A 14 morrer] moirer B 15 vos] uus A 16 vos] uus A; vos] uus A 17 vos] uus A 18 vos non] uus non A 23 vós] uus A 25 vos desenganar] uus deseganar A 26 terran] teirā B 30 como] come B; vos] uus A 31 vos] uus A
4 sempre] sempr(e) Michaëlis : sempr' Littera 5 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 6 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 9 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 11 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro; min] mi Michaëlis, Littera 13 quisessedes, sennor] quiserdes, mia senhor Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro, Littera 15 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 16 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 17 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 18 vos... vos] vus ... vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 21 vos] vus Michaëlis 23 vós] vus Lorenzo Gradín & Marcenaro 25 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 27 vos] vus Michaëlis 29 mi ... avedes] mia ... sabedes Michaëlis 30 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 31 vos] vus Michaëlis
(I) Señora, que Deus fixo ser moito máis fermosa que cantas outras donas eu vin, (oxalá) soubésedes canto eu temín sempre o que agora quero realizar: dicirvos, señora, o moito que vos amo e canto mal me vén, señora, por vós, a quen eu vin para o meu mal.
(II) E Deus sabe que con moita dificultade vin eu aquí dicirvos como eu me vexo morrer por vós, señora; mais non podo facer outra cousa, e, sequera por Deus, tende dó de min, que morro por vós, sabede isto ben, e, se quixésedes, señora, por iso non me debiades deixar morrer.
(III) E xa que vos comecei a dicir canto vos amo, se vos non causa pesar, señora fermosa, quérovos rogar, por Deus, que non vos pese que vos vexa nin que fale convosco; e obraredes ben e con gran mesura, e, na miña opinión, coido que non ten por que vos pesar.
(IV) E, miña señora, por eu falar convosco nunca vós por iso podedes perder nada, e salvarédesme a min; e, se o quixerdes facer –quérovos desenganar, señora–, todos volo terán por ben feito; e, miña señora, máis vos direi eu sobre isto: moito perdedes vós en me perder, (1) porque, señora, vós téndesme en moi boas condicións, como que non vos hei de custar nada e heivos servir xa mentres viva.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10b + 10c 10c 10b (= RM 163:15)
Encontros vocálicos: 4 sempre‿o
Soubessedes é o verbo principal, a pesar de subxuntivo, do período, de carácter desiderativo, cun uso sintáctico que se documenta esporadicamente na lingua medieval:
E hora Deus quisesse que Julyo Cesar lançasse bestas mortas e outras peçonhas nos ryos e nas fontes e leixassenos fartar d’augua! (Crónica Geral de Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: II, 123).
E quisesse ora Deus que nós... (Confessio Amantis; Faccon 2012: 283).
No corpus trobadoresco profano aparece o mesmo uso en 310.16-17, 311.16, 376.16, 532.1, 812.9.
A lección do Cancioneiro da Ajuda presenta unha anómala forma verbal en futuro de subxuntivo (quiserdes) cando o verbo principal vai en copretérito (deviades), compensando metricamente o verso coa introdución do posesivo de senhor. É por isto que resulta preferíbel a lección de B, coa consecutio temporum correcta (copretérito - pretérito subxuntivo). Véxase en 996.8 un caso similar de dupla transmisión, coa forma correcta en A (pretérito de subxuntivo) fronte a un errado futuro de subxuntivo en BV. Outrosí, véxase a repetida concordancia vir – querria en 391.5-6 e 12-13, co verbo principal en pospretérito.
En Lorenzo Gradín & Marcenaro mantense a (errada) forma vus de A interpretándoa como un suposto dativo de interese de podedes.
O pronome min, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
A puntuación de Lorenzo Gradín & Marcenaro é diferente, pois non consideran a frase parentética, de modo que quiserdes depende de quero (en vez de terran, v. 26) : e, se o fazer / quiserdes, querovus desenganar, / sennor: todos volo terran por ben.
Face o como de A aparece o come de B (igual que en 318.11 e 17), na realidade variantes que se intercambian nos mesmos contextos e coas mesmas funcións (cfr., por exemplo, en 315.5 come A vs. como B, ou 121.11 e 164.2, onde á lección com’ome en A corresponde, respectivamente, <Comoome͂> e <come homen> en B; e nos apógrafos italianos, véxase 572.19 e 1603.21, onde se reflicte a oposición <come> B vs. <como> V.
A locución conxuntiva de carácter causal como que só volve aparecer en dúas ocasións:
a cuita tal
que nunca tal
ouv’outro ome d’amor nen d’al,
como que me faz desejar
Deus vosso ben por desejar
a mia mort’eu (132.25).Jograr, mal desemparado
fui eu pelo teu pescar,
como que ouvi a enviar
aa rua por pescado (1428.3).