I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 280 [= LPGP 930]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 176-177); Littera (2016: II, 486).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 110); Carter (2007 [1941]: 84); Marques Braga (1945: 263-264); Machado & Machado (1950: II, 34-35); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 244).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 66).
1 vos] uus A 2 vos am’e] uus am(e) e A; pois] Poys que B 3 vos] \uos/ A 6 vos] uos A 7 porque] pᵉ B; vos] uus A : om. B 8 vos] vos A 11 tẽedes] teedes B 14 én] eu B 16 foi sempr’] fuj senp’ B; de] de (de) B
1 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 2 vos am’] vus am’ Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro; vos] vus Michaëlis 3 vos] vos Michaëlis : vós Lorenzo Gradín & Marcenaro 6 vos] vos Michaëlis : vós Lorenzo Gradín & Marcenaro 7 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 11 tẽedes] teedes Littera 13 quen] que Littera 16 foi] fui Littera
(I) Señora fermosa, véxovos queixar porque vos amo e amei, desde que vos vin; e, xa que por isto vos queixades de min, se niso queredes facer xustiza, velaquí estou no voso poder.
(II) Pois vos de min non queixades por outra cousa senón porque vos amo moito, e vexo que vos queixades por iso, señora de min e meu ben e meu mal, velaquí estou no voso poder.
(III) Señora, se vós considerades razoábel que eu reciba xa morte por isto, eu non teño quen me defenda de vós, e por iso, coita do meu corazón, velaquí estou no voso poder, (1) en que sempre estiven e xa sempre hei estar.
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C (I, II [= RM 155:11]) + 10a 10b 10b 10a 10B (III [= RM 147bis:1]) + 10c
A conexión desta cantiga coa cantiga 560 de Don Denis, co mesmo íncipit e parte do v. 2, parece evidente.
Dado que queixar (tamén nos vv. 1, 6 e 8) é un verbo fundamentalmente pronominal, resulta certamente estraño que nas anteriores edicións sexa utilizada, contra a lección de B (<uos> A, <uꝯ> B), a forma tónica vós, que resulta anómala no contexto.
Aque é un adverbio presentativo (‘eis, velaí’) de uso limitado no corpus profano: 52.24, 246.6, 268.8, 553.4, 857.1, 1641.18. Debe ser forma oxítona, pois nas Cantigas de Santa Maria aparece en rima aguda (con fe, é, sé e pé):
... E en pe
sse levou e diss’: «Aque
m’estou tod’aprestidado
De log’ir» (CSM 135.109).E diz un a outr’: «Aque o
angeo que ven do ceo,
que alça aquele veo
e faz no aire parar» (CSM 405.36).
A forma foi (fui en B) é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).