273 [= RM 79,40]
Nunca coitas de tantas guisas vi

Nunca coitas de tantas guisas vi
como me fazedes, sennor, sofrer,
e non vos queredes de min doer,
e, vel por Deus, doede-vos de mí,
ca, sennor, moir’, e vedes que mi aven:
se vos alguen mal quer, quero-ll’eu mal,
e quero mal quantos vos queren ben.
E os meus ollos, con que vos eu vi,
mal quer’, e Deus, que me vos fez veer,
e a morte, que me leixa viver,
e mal o mundo por quant’i naci,
ca, sennor, moir’, e vedes que mi aven:
[se vos alguen mal quer, quero-ll’eu mal,
e quero mal quantos vos queren ben].
A mia ventura quer’eu mui gran mal,
e quero mal ao meu coraçon,
e tod’aquesto, sennor, coitas son;
e quero mal Deus porque me non val,
ca, sennor, moir’, e vedes que mi aven:
[se vos alguen mal quer, quero-ll’eu mal,
e quero mal quantos vos queren ben].
E tenno que faço dereit’e sén
en querer mal quen vos quer mal e ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 

Manuscritos


A 165, B 317bis

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 330-331 [= LPGP 542-543]); Correia (2001: 315), Littera (2016: I, 600).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 115); Carter (2007 [1941]: 99); Marques Braga (1945: 310-311); Machado & Machado (1950: II, 61-62); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 273).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 70-71); Torres (1977: 175); Alvar & Beltrán (1989: 303); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 155); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 117); Fidalgo (2009a: 66).

Variantes manuscritas


1 guisas] gireyfas B   3 vos] uus A   6 se vos alguen mal quer] se uos alguen ben quer A      7 vos] uus A   9 e Deus] a d’s B   11 o mundo] co mūdo B   15 A] E B; mui gran] {muy gwm} A : pᵉ en B   18 me] mj B   22 faço] fazo A   23 que] ꝙʷ B

Variantes editoriais


3 vos] vus Michaëlis   4 vos] vus Michaëlis   6 vos] vus Michaëlis   7 vos] vus Michaëlis   8 vos] vus Michaëlis   9 vos] vus Michaëlis   11 mal o] mailo Littera; por quant’] porquant’ Correia   13 vos] vus Michaëlis   14 vos] vus Michaëlis   15 mui gran] por én Correia   20 vos] vus Michaëlis   21 vos] vus Michaëlis   23 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Nunca vin coitas tan diversas como me facedes sufrir, señora, e non vos queredes apiadar de min, e, sequera por Deus, tende piedade de min, porque, señora, morro, e vede o que me acontece: se vos alguén quere mal, quérolle eu mal, e quero mal a cantos vos queren ben.

(II) E aos meus ollos, con que vos eu vin, quérolles mal, e a Deus, que me vos fixo ver, e á morte, que me deixa vivir, e (quero) mal ao mundo por ter nacido nel, porque, señora, morro, e vede o que me acontece: se vos alguén quere mal, quérolle eu mal, e quero mal a cantos vos queren ben.

(III) A miña sorte quero eu moi mal, e quero mal ao meu corazón, e todo isto, señora, coitas son; e quero mal a Deus xa que non me socorre, porque, señora, morro, e vede o que me acontece: se vos alguén quere mal, quérolle eu mal, e quero mal a cantos vos queren ben.

(1) E acho que obro con xustiza e con siso querendo mal a quen vos quere mal e ben.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10D 10C (I, II [= RM 173:1]) + 10a 10b 10b 10a 10C 10A 10C (III [= RM 156:4]) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 5 miaven; 12 miaven; 19 miaven

Notas


Texto
  • 4

    Alén doutros valores, vel é usado como elemento introdutor dos sintagmas invocativo-exclamativos vel por Santa Maria (tamén en 1602.6) e vel por Deus (117.16, 237.11, 566.12). Cfr. notas a 6.8 e 36.4.

  • 6-7

    A lección de A (se vos alguen ben quer, quero-ll’eu mal, / e quero mal quantos vos queren ben) constitúe unha repetición sen sentido, co erro ben por mal, en face de B que achega o texto correcto: ‘quero mal aos que vos queren ben, e tamén aos que a queren mal’, tal e como sintetiza despois a fiinda no derradeiro verso da cantiga: ... querer mal quen vos quer mal e ben.

  • 11

    Enténdase: ‘e (quero) mal o mundo por quant’i naci’.

  • 15

    Contra os seus hábitos editoriais, Correia optou pola lección de B neste verso, deconsiderando a corrección marxinal do Cancioneiro da Ajuda.

  • 22

    Obsérvese a aparición da grafía <z> en formas que regularmente presentan <c, ç> e que deben ser postas en relación con outras confusión gráficas que atinxen ao ámbito das sibilantes no Cancioneiro da Ajuda: en varias ocasións rexístrase <fazo> e <faza> faço e faça, ás veces en formas contractas (69.7 e 10, 117.17, 136.10, 189.24, 203.27, 273.22, 278.15, 403.2, 433.2), <ouzo> ouço (85.26) e <nazer> nacer (260.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 80.10, 88.15 e 89.2.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado