I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 369); Barbieri (1980: 36 [= LPGP 914]); Littera (2016: II, 467).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 123); Carter (2007 [1941]: 110); Machado & Machado (1950: II, 95); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 297).
1 vos] uus A; quero] uenhꝯ B 2 vos] uus A 5 entendede en] ntendede en A : Entendedorē B 6 vos] uus A 9 coidar, algun] cuydar algnn B 10 vos] uus A 11 entendede en] Entendodorē B 15 tan] om. B; com’eu] comoieu B 17 entendede en] Entendedorē B
1 vos] vus Michaëlis, Barbieri; quero] venho Barbieri 2 vos] vus Michaëlis, Barbieri 5 entendede en] entendend’or’en Barbieri, Littera 6 vos] vus Michaëlis, Barbieri 9 coidar] cuydar Barbieri : cuidar Littera; min] mi Michaëlis 10 vos] vus Michaëlis, Barbieri 11 entendede en] entended’or’en Barbieri, Littera 12 vos] vus Michaëlis, Barbieri 14 vos] vus Michaëlis, Barbieri 15 en tan gran coita, com’eu] en gran coyta, com’oj’eu Barbieri : em gram coita, com’hoj’eu Littera 17 entendede en] entended’or’en Barbieri, Littera 18 v[os]] vus Michaëlis, Barbieri
(I) Quérovos rogar por Deus, miña señora, que vos fixo a máis fermosa e a de máis valor de todas cantas donas creou: pois comprendedes todo ben, señora, comprendede en que coita me ten o voso amor porque vos amo.
(II) E, se vós quixerdes entender isto, miña señora, teredes por iso, segundo eu creo, algun dó de min; xa que Deus vos fixo entender tanto ben, comprendede en que coita me ten o voso amor porque vos amo.
(III) E, miña señora, xa sería hora de vos lembrardes de me non deixar vivir en tan gran coita como vivo; e, miña señora, aínda que só sexa por mesura, comprendede en que coita me ten o voso amor porque vos amo.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:225)
A lección de B é perfectamente lexítima: Por Deus vos venho rogar... Con efecto, no corpus estas dúas expresións preséntanse no mesmo número de ocorrencias (tres).
Igual que acontece no v. 1, tamén aquí os manuscritos presentan leccións diverxente, ambas lexítimas. A prioridade de A leva consigo a escolla da correcta lección do Cancioneiro da Ajuda neste refrán, en que se rexistra a secuencia entendede en, con hiato e sen crase (ou sinalefa), como acontece en todos os encontros ao longo do corpus coa excepción de 277.16 (de ende) e de 1550.20 (bondade e). E como no caso da cantiga 277 (véxase nota ao v. 16), tamén neste verso B propón unha lección alternativa que evita tal encontro: entended’or’en qual coita me ten.
O segundo verso verso do refrán admite tamén unha segunda lectura alternativa, a considerar que na secuencia por que como un pronome relativo:
entendede en qual coita me ten
o voss’amor, por que vos quero ben.
Aténtese na agramatical presenza dun duplo CD para o verbo entender: se o vós (...) entender / esto quiserdes.
A omisión de tan en B levou consigo, como é habitual, a inclusión doutro elemento (oje neste caso) para manter a isometría. En calquera caso, tamén a lección do Cancioneiro da Biblioteca Nacional é correcta, pois a estrutura comparativa de A aparece agora como unha estrutura modal en B.