297 [= RM 147,13]
Por Deus vos quero rogar, mia sennor

Por Deus vos quero rogar, mia sennor,
que vos fezo, de quantas donas fez,
a máis fremosa nen de mellor prez:
pois todo ben entendedes, sennor,
entendede en qual coita me ten
o voss’amor porque vos quero ben.
E, se o vós, mia sennor, entender
esto quiserdes, averedes i,
a meu coidar, algun doo de min;
pois vos Deus fez tanto ben entender,
entendede en qual coita me ten
o v[oss]’a[mor porque vos quero ben].
E, mia sennor, tempo seria ja
de vos nembrardes de me non leixar
en tan gran coita, com’eu viv’, andar;
e, mia sennor, vel por mesura ja,
entendede en qual coita me ten
o v[oss],’a[mor] p[or]q[ue] v[os] q[uero ben].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 186, B 337

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 369); Barbieri (1980: 36 [= LPGP 914]); Littera (2016: II, 467).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 123); Carter (2007 [1941]: 110); Machado & Machado (1950: II, 95); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 297).

Variantes manuscritas


1 vos] uus A; quero] uenh B   2 vos] uus A   5 entendede en] ntendede en A : Entendedorē B   6 vos] uus A   9 coidar, algun] cuydar algnn B   10 vos] uus A   11 entendede en] Entendodorē B   15 tan] om. B; com’eu] comoieu B   17 entendede en] Entendedorē B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis, Barbieri; quero] venho Barbieri   2 vos] vus Michaëlis, Barbieri   5 entendede en] entendend’or’en Barbieri, Littera   6 vos] vus Michaëlis, Barbieri   9 coidar] cuydar Barbieri : cuidar Littera; min] mi Michaëlis   10 vos] vus Michaëlis, Barbieri   11 entendede en] entended’or’en Barbieri, Littera   12 vos] vus Michaëlis, Barbieri   14 vos] vus Michaëlis, Barbieri   15 en tan gran coita, com’eu] en gran coyta, com’oj’eu Barbieri : em gram coita, com’hoj’eu Littera   17 entendede en] entended’or’en Barbieri, Littera   18 v[os]] vus Michaëlis, Barbieri

Paráfrase


(I) Quérovos rogar por Deus, miña señora, que vos fixo a máis fermosa e a de máis valor de todas cantas donas creou: pois comprendedes todo ben, señora, comprendede en que coita me ten o voso amor porque vos amo.

(II) E, se vós quixerdes entender isto, miña señora, teredes por iso, segundo eu creo, algun dó de min; xa que Deus vos fixo entender tanto ben, comprendede en que coita me ten o voso amor porque vos amo.

(III) E, miña señora, xa sería hora de vos lembrardes de me non deixar vivir en tan gran coita como vivo; e, miña señora, aínda que só sexa por mesura, comprendede en que coita me ten o voso amor porque vos amo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:225)

Notas


Texto
  • 1

    A lección de B é perfectamente lexítima: Por Deus vos venho rogar... Con efecto, no corpus estas dúas expresións preséntanse no mesmo número de ocorrencias (tres).

  • 5

    Igual que acontece no v. 1, tamén aquí os manuscritos presentan leccións diverxente, ambas lexítimas. A prioridade de A leva consigo a escolla da correcta lección do Cancioneiro da Ajuda neste refrán, en que se rexistra a secuencia entendede en, con hiato e sen crase (ou sinalefa), como acontece en todos os encontros ao longo do corpus coa excepción de 277.16 (de ende) e de 1550.20 (bondade e). E como no caso da cantiga 277 (véxase nota ao v. 16), tamén neste verso B propón unha lección alternativa que evita tal encontro: entended’or’en qual coita me ten.

  • 6

    O segundo verso verso do refrán admite tamén unha segunda lectura alternativa, a considerar que na secuencia por que como un pronome relativo:

    entendede en qual coita me ten
    o voss’amor, por que vos quero ben
    .

  • 7-8

    Aténtese na agramatical presenza dun duplo CD para o verbo entender: se o vós (...) entender / esto quiserdes.

  • 15

    A omisión de tan en B levou consigo, como é habitual, a inclusión doutro elemento (oje neste caso) para manter a isometría. En calquera caso, tamén a lección do Cancioneiro da Biblioteca Nacional é correcta, pois a estrutura comparativa de A aparece agora como unha estrutura modal en B.

  • 16

    Neste contexto, vel equivale a ‘polo menos, sequera’ (tamén en 36.4, 297.16, 1345.7, 1478.15, 1597.8 e 1598.5), a diferenza doutros valores que presenta noutros contextos (véxase nota a 6.8 e 117.16).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado