307 [= Tav 147,11]
Os que mui gran pesar viron assi

Os que mui gran pesar viron assi
com’eu vejo da que quero gran ben,
porque sei eu ca morreron por én,
maravillado me faço per mí:
pois todo vejo quanto receei,
como non moiro se de morrer ei?
Da mia sennor e do meu coraçon,
porque me Deus ja todo fez veer
per quant’eu logo dever’a morrer,
maravillo-me e faço gran razon:
pois todo vejo q[uanto] r[eceei,
como non moiro se de morrer ei?]
Porque cuidava, se visse un pesar
de quantos vej’ora de mia sennor,
que morreria én pelo mẽor,
dereito faç’en me maravillar:
pois todo vejo q[uanto] r[eceei,
como non moiro se de morrer ei?]
E, pois me non pod’a coita que ei,
nen Deus, matar, ja máis non morrerei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 196, B 347

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 381); Barbieri (1980: 59 [= LPGP 913]); Littera (2016: II, 472-473).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 126-127); Carter (2007 [1941]: 115); Machado & Machado (1950: II, 107-108); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 307).

Variantes manuscritas


1 Os] s A   3 morreron por én] moireron por eu B   5 pois] ois A   6 se de morrer ei] po rꝯ amoirer ey B   7 Da] De B; coraçon] coracon B   8 fez] faz B   9 per] De B; coraçon] moirer B   10 maravillo-me e] Marauilhado me B   13 cuidava] cuydara B   15 morreria] moireria B; pelo mẽor] polo meor B   19 E] om. B   20 matar] matwr B; morrerei] moirerey B

Variantes editoriais


6 se de morrer ei] poys a morrer ey Barbieri   7 Da] De Barbieri   8 fez] faz Barbieri, Littera   9 dever’a] dever a Barbieri : devera Littera   10 maravillo-me] meravilho-me Barbieri, Littera : maravilho-m(e) Michaëlis   12 se de] poys a Barbieri : pois a Littera   13 visse] viss(e) Michaëlis   15 polo] pelo Michaëlis   18 se de] poys a Barbieri : pois a Littera

Paráfrase


(I) Os que viron un moi gran pesar como eu vexo da (dona) que amo, porque sei que morreron por iso, estou marabillado de min: pois vexo todo canto temín, como é que non morro se teño de morrer?

(II) Da miña señora e do meu corazón, porque Deus xa me fixo ver todo aquilo polo que eu debería morrer logo, marabíllome e teño moita razón: pois vexo todo canto temín, como é que non morro se teño de morrer?

(III) Porque pensaba que, se vise un pesar de todos cantos agora vexo da miña señora, morrería polo menor deles, fago ben en me marabillar: pois vexo todo canto temín, como é que non morro se teño de morrer?

(1) E xa que nin a coita que sufro nin Deus non me poden matar, endexamais morrerei.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:224)

Encontros vocálicos: 10 -me‿e; 13 visse‿un

Notas


Texto
  • 6

    A variante redaccional de B, cunha cláusula causal, é equivalente á redacción de A, cunha cláusula condicional. Neste sentido, resulta sorprendente a actuación editorial de Littera, que acolle a lección de A neste verso do refrán para mudar en prol da redacción de B nos refráns das seguintes estrofas.

  • 8

    Á inversa da variación que se produce noutras pasaxes (véxase nota a 130.10), neste verso aparece tamén unha diferente opción temporal entre o Cancioneiro da Ajuda, que ofrece a forma verbal de pretérito fez, fronte ao presente (histórico) faz no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e, eventualmente, o da Vaticana (véxase tamén 193.3, 200.17, 419.19, 982.10, 982.24, 995.7 e 13).

  • 9

    A versión de Barbieri suxire que dever é futuro de subxuntivo en vez do necesario devera en crase coa preposición a de enlace na perífrase co infinitivo.

  • 19

    Nótese, máis unha vez, a frecuencia con que nos apógrafos italianos, agora en B, se omite a conxunción copulativa inicial da fiinda (ou dunha estrofa), que neste caso é presente no Cancioneiro da Ajuda mediante a letra de espera. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado