319 [= RM 72,17]
Se eu moiro, ben o busquei

Se eu moiro, ben o busquei
porque eu tal sennor fillei:
ũa dona de que ja sei
que nunca posso ben aver,
e sempre ll’eu gran ben querrei,
e dereit’é d’assi morrer,
de que m’eu podera quitar
se m’ende soubesse guardar;
mas avia de lle falar
gran sabor, e de a veer,
e tornou-se-m’en gran pesar,
e dereit’é d’assi morrer.
U a primeiramente vi
mui fremosa, se eu d’ali
fogisse e non ar tornasse i,
assi podera máis viver;
mas non cuidei que foss’assi,
e dereit’é d’assi morrer.
Quando a fillei por sennor,
non me mostrava desamor,
e ora muit’á gran sabor
de mia morte cedo saber
porque fui seu entendedor,
e dereit’é d’assi morrer.
E veerá mui gran prazer
quando m’agora vir morrer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 

Manoscritti


A 208, B 359

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 404-405 [= LPGP 476-477]); Littera (2016: I, 553).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 131-132); Carter (2007 [1941]: 122-123); Machado & Machado (1950: II, 131-132); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018: 319).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 136); Piccolo (1951: 51-52); Torres (1977: 525).

Varianti manoscritte


5 ben] om. A; querrei] queirey B   6 morrer] moirer B   7 de] e A   8 soubesse] sob’a B; guardar] guadar A   9 mas] Mays B; lle] lhi B   11 tornou-se-m’én] tornoussen B   12 dereit’é] dereytei B   15 fogisse e] fugisse B; tornasse i] tornassy B   17 mas] Mays B   18 dereit’é] dereytei B   19 Quando] E quando B   20 me] mj   23 entendedor] enteudedor B   24 dereit’é] dereytei B   26 morrer] moirer B

Varianti editoriali


9 mas] Mais Michaëlis : mais Littera   15 fogisse ... tornasse] fogiss(e) ... tornass(e) Michaëlis : fugiss' ... tornass' Littera

Parafrasi


(I) Se eu morro, ben o busquei, porque tomei tal señora: unha dona de quen xa sei que nunca podo ter ben, e sempre a amarei moito, e é xusto morrer así, (II) (circunstancia) de que me podería librar se dela me soubese protexer; mais tiña gran desexo de lle falar e de a ver, e tornóuseme en gran pesar, e é xusto morrer así.

(III) Cando a vin por vez primeira moi fermosa, se eu de alí fuxise e alí non tornase, así podería vivir máis; porén, non pensei que fose así, e é xusto morrer así.

(IV) Cando a tomei por señora, non me mostraba desamor, e agora ten moito pracer en saber axiña da miña morte, porque fun o seu amante, e é xusto morrer así.

(1) E terá gran pracer cando agora me vexa morrer.

Metrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8a 8a 8b 8a 8B + 8b 8b (= RM 13:50)

Encontros vocálicos: 15 fogissee, tornassei

Note


Testo
  • 6

    Nótese a variación é A vs. ei B no refrán das estrofas II, III e IV (vv. 12, 18 e 24), con precedentes noutras cantigas, onde xa se rexistra a mesma variación entre manuscritos. Véxase nota a 163.13.

  • 19

    A presenza da copulativa en B esixiría a sinalefa quando‿a para a medida octosilábica do verso.

  • 23

    Na poesía cortés o termo entendedor aplícase aos namorados que manteñen unha relación que está aínda nunha fase de coñecemento mutuo e de cultivo do desexo, en que conversan e se intercambian prendas en sinal de correspondencia, tales como as cintas con que cinxen as propias vestimentas á cintura. Trátase da fase previa á de drudo, á que se chega cando os amantes satisfacen o seu desexo por medio de relacións carnais.

Cerca
    Nessun risultato trovato