322 [= Tav 40,1]
Ai mia senhor, lume dos olhos meus

Ai mia senhor, lume dos olhos meus,
u vos non vir, dizede-mi, por Deus:
que farei eu, que vos sempr’amei?
Pois m’assi vi, u vos vejo, moir’én;
u vos non vir, dizede-m’ũa ren:
que farei eu, [que vos sempr’amei?]
Eu, que nunca outra soubi servir
senon, [mia] senhor, vós, u vos non vir,
que farei eu, [que vos sempr’amei?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


B 362

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 831 [= LPGP 281]); González Martínez (2012a: 86); Littera (2016: I, 303).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 132-133); Machado & Machado (1950: II, 137); Rios Milhám (2018a: II, 322).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 245-246); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 60); Souto Cabo (2017: 93).

Variantes manuscritas


4 moir’én] moirer B   8 u] (eu) hu B

Variantes editoriais


2 vos] vus Michaëlis   3 vos sempr’] vus sempre Michaëlis : vos sempre Littera   4 vos] vus Michaëlis; moir’én] morrer Michaëlis, Littera   5 vos] vus Michaëlis   6 vos sempr’] vus sempre Michaëlis : vos sempre Littera   7 outra] outren Michaëlis   8 u vos non vir] e ¿u vus non vir’ Michaëlis : eu, u vos non vir González Martínez : eu, u vos nom vir Littera   9 vos sempr’] vus sempre Michaëlis : vos sempre Littera  

Paráfrase


(I) Ai miña señora, luz dos meus ollos, cando non vos vexa, dicídeme, por Deus: que farei eu, que sempre vos amei?

(II) Pois que me vin así cando vos vexo, morro por iso; cando non vos vexa, dicídeme unha cousa: que farei eu, que sempre vos amei?

(III) Eu, que nunca outra souben servir excepto a vós, miña señora, cando non vos vexa, que farei eu, que sempre vos amei?
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 9B (cfr. Tav 26:73)

Notas


Texto
  • 3

    Mantemos, con González Martínez, o refrán de nove sílabas, que convive cos decasílabos do dístico; porén, un contraste métrico similar pode verse, por exemplo, na cantiga 1104, de Lourenço, en que a cobra presenta decasílabos e o refrán eneasílabos, todos agudos. Neste sentido, é desnecesaria a emenda sempre de Michaëlis e Littera para conseguir esa nivelación, que, se se quixese, sería máis harmónica coa introdución cunha copulativa inicial que se pode encontrar noutros refráns similares: e que farei eu, louçãa? (694.r). Por outra parte, existen diversas posibilidades puntuativas, como mostra a orixinal proposta de González: Que farei? Eu que vos sempr’amei.

  • 4

    Michaëlis (seguida por Littera) reinterpretou <moirer> como morrer sen advertir o problema rimático, que se resolve coa consideración do erro <r>/<n> que se rexistra con frecuencia nos apógrafos italianos e, máis concretamente, en B: 478.25 <alacrar> alacran; 493.15 <cor> con; 1336.20 <seria> sen ja etc. De todos os modos, talvez a confusión máis significativa sexa a que se produce en 1233.8, onde morrer, en rima, presenta as leccións <moirer> B, <morren> V.
    Ademais, a puntuación de González neste verso (Pois m’assi vi: u vos vejo, moir’én, / ...) non semella axeitada, pois introduce unha pausa desnecesaria no medio do verso ao tempo que non afasta coa puntuación este verso, completo en si mesmo, do seguinte, que se liga ao refrán.

  • 8

    A copia deste verso en B presenta riscado o pronome eu, que xa aparece no verso anterior. É por isto que, para resolver a hipometría versal, tal como propón Rios Milhám, acudimos á forma posesiva mia, xa presente no sintagma invocativo mia senhor do íncipit da cantiga.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado