328 [= RM 140,6]
Senhor de mí e do meu coraçon

Senhor de mí e do meu coraçon,
dizedes que non avedes poder
per nulha guisa de mi ben fazer;
poi-lo dizedes, non dig’eu de non,
mais, mia senhor, dizede-m’ũa ren:
como mi vós podedes fazer mal,
non mi podedes assi fazer ben?
E, mia senhor, mui gran poder vos deu
Deus sobre min; e dizedes, senhor,
que me non podedes fazer amor!
Poi-lo dizedes, creo-vo-lo eu,
mais, mia senhor, [dizede-m’ũa ren:
como mi vós podedes fazer mal,
non mi podedes assi fazer ben?]
E, mia senhor, ja vos sempre diran,
se eu morrer, que culpa avedes i,
e vós dizedes que non ést’assi;
poi-lo dizedes, assi é, de pran,
mais, mia senhor, [dizede-m’ũa ren:
como mi vós podedes fazer mal,
non mi podedes assi fazer ben?]
E, mia senhor, nunca eu direi ren
de contra vós se non perder o sén,
ca, mia senhor, quen om’en poder ten
e lhi faz mal pode-lhi fazer ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25

Manuscritos


B 367

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 839-840); Ferreiro (1992: 43 [= LPGP 886]); Littera (2016: II, 429).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 134-135); Machado & Machado (1950: II, 148-149); Rios Milhám (2018a: II, 328).

Variantes manuscritas


16 morrer] moirer B   23 contra] cant̃ B

Variantes editoriais


5 m’] mi Michaëlis   8 vos] vus Michaëlis   12 m’] mi Michaëlis   15 vos] vus Michaëlis   16 culpa] culp(a) Michaëlis   19 m’] mi Michaëlis

Paráfrase


(I) Señora de min e do meu corazón, dicides que de ningún modo tendes poder para me facerdes ben; xa que o dicides, non digo eu que non (sexa así), mais, miña señora, dicídeme unha cousa: tal como vós me podedes facer mal, non me podedes así facer ben?

(II) E, miña señora, moi gran poder vos deu Deus sobre min; e dicides, señora, que non me podedes amar! Xa que o dicides, eu créovolo, mais, miña señora, dicídeme unha cousa: tal como vós me podedes facer mal, non me podedes así facer ben?

(III) E, miña señora, xa sempre vos dirán, se eu morro, que tendes a culpa diso, e vós dicides que non é así; xa que o dicides, así é, con certeza, mais, miña señora, dicídeme unha cousa: tal como vós me podedes facer mal, non me podedes así facer ben?

(1) E, miña señora, xamais eu direi cousa ningunha contra vós, a non ser que perda o sentido, (2) pois, miña señora, quen home ten no seu poder e lle fai mal (tamén) lle pode facer ben.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10D 10C + 2 x 10c 10c (= RM 173:2)

Encontros vocálicos: 16 culpaavedes

Notas


Texto
  • 1

    A mesma fórmula de invocación Senhor de mí e do meu coraçon é utilizada en diversas cantigas por poetas diferentes: 276.9 (Joan Soarez Coelho), 416.14 (Fernan Velho) e 444.15 (Anónimo). Cfr. nota a 276.9.

  • 4

    A construción dizer de non ‘negar’, en que de cumpre a función da conxunción que, aparece esporadicamente no corpus profano (153.11, 400.3, 536.10, 759.8, 971.26, 989.10, 1420.3, 1488.9, 1636.13 e 1648.16-17).

  • 23

    A locución prepositiva de contra ‘contra’ só volve aparecer en 1066.3 e 1509.7.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado