I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 684-685 [= LPGP 320-321]); Littera (2016: I, 355).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 20); Machado & Machado (1949: I, 79-80); Rios Milhám (2017: I, 34).
6 morrer] moirer B 7 Por [e]sto] Por [ ]sto B 24 nen] nō B
7 [non]] om. Michaëlis, Littera 11 devia a prazer] devi(a) a prazer Michaëlis : devia aprazer Littera 19 vos] vos Michaëlis 24 nen] nom Littera
(I) A gran coita e o excesivo afán que a min me fai levar a miña señora, se agora a eu non vexo moi cedo, xa eu non o poderei soportar; e non o digo por me lle queixar (sen causa), senón porque penso que vou morrer de desexo.
(II) Por isto, e non por outra razón, sufriría canto ela me quixese facer mentres eu vivise; mais non podería vivir se a non vise moi cedo, nin me debería agradar (a vida), porque, sen a ver, que proveito me tería?
(III) Por eu vivir como vivo, coitado, desde que me separei da miña señora, de tal vida eu non podo sentir agrado: da que me fai vivir tan sen gusto como aquel que considera que a morte é mellor e se sentiría por ela máis recompensado.
(IV) Mais ben vos digo que, se puidese dalgún modo ver a miña señora, onde lle eu puidese falar do meu mal e da miña coita, non hai ren polo que quixese morrer con só que eu vise a súa bela figura, nin existe no mundo sufrimento que eu sentise.
Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10b 10’a (= RM 79:6)
Encontros vocálicos: 2 mi‿a; 7 -lo-‿i·a; 11 de·vi·a‿a
É necesaria a presenza do adverbio de negación, que fai parte da repetida expresión ca non por al (167.18, 188.20, 246.4 e 1083.16), que, por súa vez, concorre con ca non por outra ren (103.18, 199.10 e 926.5). En consecuencia, é precisa a sinalefa en sofre-lo͜͜͜-ia. Téñase en conta que a omisión dun elemento de escaso corpo fónico como este adverbio é relativamente frecuente ao longo dos cancioneiros, nomeadamente dos apógrafos italianos: 63.12, 380.13, 494.31, 590.13, 783.12 etc.
A perífrase dever + a + infinitivo é esmagadoramente maioritaria fronte á construción sen preposición, feito que aconsella o mantemento da segmentación gráfica presente en B; para alén disto, a variante aprazer no corpus profano só se rexistra na frase se vos aprouguer (véxase Glosario: s.v. prazer1). Véxase tamén 54.10 e 73.18.