I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 14-15); Marroni (1968: 73-74 [= LPGP 84-85]); Littera (2016: I, 41).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 13-14); Braga (1878: 3); Machado & Machado (1950: II, 209-210); Rios Milhám (2018b: III, 372).
III. Antoloxías: Spina (1972: 314); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 17).
3 coraçon] coracon BV 4 quer] quet V 5 sábian todos o mui] sabhant todꝯ omni V 6 e] om. V 7 vos] ꝯ B 8 sofri] sofa V 13 fazer] fazet V 14 sofri] sosri V 16 mort’a] morra V 25 en] eu V 28 rogar] roguart B : roguar V
1 vos] vus Marroni 4 oue, pois] ou[v]’, e pois Marroni : ou[v]’e, poys Nunes : houv', e pois Littera 5 todos] todus Marroni 6 e a] a [mui] Nunes 7 vos] vus Marroni 12 vos] vus Marroni 20 aquesto] aquest(o) Nunes; entenderán] entenderam Nunes, Marroni 22 vos] vus Marroni 23 vos ... vos] vus ... vus Marroni 25 atanto] atant(o) Nunes : atant' Littera 26 á] a Nunes, Marroni, Littera 28 vos] vus Marroni; rogar] roguar Nunes
(I) Fermosa señora, desde que vos vin sempre me esforcei en evitar que soubesen a coita que eu sempre tiven por vós no meu corazón, pois Deus así o quere: que saiban todos o moi grande amor e a gran coita que sufro, señora, por vós desde o primeiro momento en que vos vin.
(II) E logo que saiban que coita sufrín por vós, señora, moito me pesará, porque temo que alguén dirá que non tendes mesura comigo, que vos amei sempre máis que a cousa ningunha, e nunca me quixestes facer ben nin escoitar nada do que sufrín por vós.
(III) E logo que eu vexa, señora, o gran pesar que sei que me ha de dar a morte, con moi gran coita terei que dicir: «Ai Deus, por que me van matar así?». E hanme ver triste e sen pracer e por isto entenderán, señora, que por vós teño todo este pesar.
(IV) E xa que é así, véñovos rogar que non vos pese, señora, que vos sirva e que me queirades consentir, por Deus, que diga eu isto no meu cantar: que hai unha dona que me ten no seu poder, que sodes vós, miña señora e meu ben, e máis que isto non me atrevo a vos rogar.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:4)
Encontros vocálicos: 5 sá·bian; 17 coita‿averei; 20 aquesto‿entenderán; 25 atanto‿en
Todos os editores emendaron a unánime lección <oue> que se desprende da secuencia <sempro ue> de BV na crenza dun erro por ouve. Sendo un feito confirmado que no pretérito de haver (lat. habui) existen resultados con desaparición de -b- intervocálico (cfr. ouer, 10.18), e, máis comunmente, con posterior monotongación de -ou- (oera, oesse, oer) por aparecer nunha secuencia trivocálica fonotacticamente anómala (Ferreiro 1999: §23b), tamén deben ser consideradas as formas oue ~ oui, que con frecuencia desaparecen nas edicións e que deben ser reconsideradas á luz destes datos:
qual coita no coraçon
por vós sempr’oue (372.4).
Veend’eu ben que do mui grand’amor,
que lh’eu sempr’oui (635.8).
Non levava nen dinheiro
ogan’e u oui passar
per Campos e quix pousar
en casa d’un cavaleiro (1412.2).
Todas e cada unha destas formas encontran comprida confirmación nos datos subministrados polas obras en prosa, literarias ou notariais (véxase Ferreiro 2016a: 120-123). Véxase nota a 10.18. Cfr. tamén notas a 130.23 e 534.4.
O tempo futuro de entenderán non presenta dúbidas, tendo en conta que vai coordinado con veerán (veer-m’-an) no verso anterior.
Por máis que os editores precedentes interpretasen <a> como artigo, só semella ter sentido como forma verbal á; isto é, ‘que existe dona que me ten no seu poder, que sodes vós, ...’.