385 [= Tav 70,42]
Queixum’ouvi dos olhos meus

Queixum’ouvi dos olhos meus,
mais ora, se Deus mi perdon,
quero-lhis ben de coraçon;
e des oimais quer’amar Deus,
ca mi mostrou quen oj’eu vi:
ai, que parecer oj’eu vi!
Sempre m’eu d’Amor queixarei,
ca sempre mi dele mal ven;
mais os meus olhos quer’eu ben
e ja sempre Deus amarei,
ca mi [mostrou quen oj’eu vi:
ai, que parecer oj’eu vi!]
E mui gran queixum’ei d’Amor,
ca sempre mi coita sol dar;
mais os meus olhos quer’amar
e quer’amar Nostro Senhor,
ca mi mo[strou quen oj’eu vi:
ai, que parecer oj’eu vi!]
E, se cedo non vir quen vi,
cedo morrerei por quen vi.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 417, V 28

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 882-883); Nobiling (2007 [1907]: 65 [= LPGP 459]); Littera (2016: I, 509).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 18-19); Braga (1878: 6); Machado & Machado (1950: II, 233); Domingues (1992: 23); Rios Milhám (2018b: III, 385).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 30-31); Sansone (1990: 114); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 99).

Variantes manuscritas


1 Queixum’ouvi dos olhos] Queixumouuj destes olh9 B : Quexeumouuz destes olh9 V   3 quero] queto V; coraçon] cora con V   V   4 e des oimais] edesoy (**) mays V   5 vi] nj B   7 queixarei] q̄rearey V   9 os] oꝯ B : eꝯ V   15 os] oꝯ B : eꝯ V   19 vir] uit B   20 morrerei] moirerey B : mouerey V

Variantes editoriais


1 queixum’ouvi dos] quexey-m’eu d’estes Nobiling : Queixei-m’eu destes Littera   14 mi] me Michaëlis

Paráfrase


(I) Tiven queixume dos meus ollos, mais agora, así Deus me perdoe, quérolles ben de corazón; e de hoxe en diante quero amar a Deus, porque me mostrou a quen hoxe eu vin: ai, que belo semblante hoxe eu vin!

(II) Sempre eu me queixarei de Amor, porque del sempre me vén mal; mais eu quero ben aos meus ollos e xa sempre amarei a Deus, porque me mostrou a quen hoxe eu vin: ai, que belo semblante hoxe eu vin!

(III) E unha queixa moi grande teño de Amor, porque sempre me soe dar coita; mais os meus ollos quero amar e quero amar Noso Señor, porque me mostrou a quen hoxe eu vin: ai, que belo semblante hoxe eu vin!

(1) E se cedo non vexo a quen vin, cedo morrerei por quen vin.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= Tav 160:351)

Notas


Texto
  • *

    Nótese a repetición de palabra-rima (vi), especialmente no refrán (e na fiinda), que en Guilhade son frecuentes. Véxanse, tamén, as cantigas 390 (eu), 393 (aqui), 397 (veen), 757 (alguen), 766 (diremos), 782 (verra).

  • 1

    A lectura queixum’ouvi (de Nobiling) responde basicamente á lección de B, creándose, porén, un problema de hipermetría versal que se resolve por medio da mudanza destes olhos meus > dos olhos meus (cfr. Fez-m’el chorar muito dos olhos meus, 764.13). Con todo, o problema métrico ficaría resolvido tamén se interpretásemos Queixei-m’eu (opción de Nobiling, coa forma quexey), con manutención do demostrativo.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado