I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 452-453); Nobiling (2007 [1907]: 73 [= LPGP 438]); Littera (2016: I, 512).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 20); Braga (1878: 7); Carter (2007 [1941]: 134-135); Machado & Machado (1950: II, 241); Domingues (1992: 28); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 389).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 75-76); Vasconcellos (1959: 25-26); Torres (1977: 308); Alvar & Beltrán (1989: 262).
1 bõa] boa BV 2 nulla] uulha B 3 min] mj B : mi V; pagava] plagaua B 4 sempre] semp̄re A 5 ela ‘nsandeci] el en sandeci B : el ensandeci V 6 quanto x’ante] quantante BV 7 bon] om. BV 8 parecer] patecer V 9 lle] lhi BV; con meu] comeu B 10 tanto e] tāte BV 12 x’] om. BV 13 preçava] p’caua B : p̄gaua V 14 dereit’é de sempr’andar] dereit e (dandar) de sempr andar A : deyte de semp̄ adar V 17 por coita] q̄ coita BV 18 coidava] cuydaua BV 19 sandece e] Sandiçe B : Sandice V; sempre i] sempry BV 20 me] mi BV; deu] den B; eu] en B
3 min] mi Nobiling, Littera 8 [o] bon parecer] [tan] bon parecer Nobiling : [mui] bon parecer Michaëlis : [tam] bom parecer Littera; que] qual Nobiling, Littera 9 lle] lhi Nobiling, Littera 10 tanto e] tant(o) e Michaëlis : tant’e Nobiling, Littera 13 preçava] prezava Michaëlis, Nobiling 18 coidava] cuydava Nobiling : cuidava Littera 19 sandece e] sandec’e Nobiling, Littera : sandec(e) e Michaëlis; sempre i] sempr(e) i Michaëlis : sempr’i Nobiling, Littera 20 me] mi Nobiling
(I) A dama por quen eu trobaba e a quen eu non lle importaba nada, aínda que ela non sentía agrado por min, sufrindo coita sempre a servín e agora xa por ela ensandecín, e a ela impórtolle tanto como lle importaba antes.
(II) E aínda que ela gozaba de boa fama e do fermoso semblante que eu lle vin e sempre lle causaba pesar o meu trobar, trobei eu tanto e tanto a servín que xa por ela perdín a luz e o siso, e ela anda como antes andaba: (III) con boa fama, e moito se prezaba (diso); e é xusto que ande sempre así, porque se alguén lle falaba da miña coita nin sequera ouvía nin tornaba (a falar) diso; mais pola coita grande que sufrín, de hoxe en diante teño dela canto pensaba ter: (1) loucura e morte que busquei sempre alí, e o seu amor me deu canto eu buscaba.
Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10’a 10b 10b 10’a + 10b 10’a (= RM 79:8)
Encontros vocálicos: 10 tanto‿e; 16 o·i·a; 19 sandece‿e, sempre‿i
Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha copulativa e nas dúas primeiras estrofas, véxase nota á cantiga 74.
O Cancioneiro da Ajuda presenta a elisión da vogal inicial en ensandecer (véxase nota a 6.4), aínda que a lección por el’ensandeci de BV tamén sería aceptábel.
Nótese a ausencia do expletivo xe (tamén no v. 12) en BV.
A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).
Dado que no corpus a secuencia lhe eu e lhi eu conforma sempre unha sinalefa (43.20, 724.13, 1173.8, 1199.16), a hipometría do verso pode resolverse introducindo a forma do artigo determinado, solución por que optamos, ou ben considerando a existencia dunha forma bisilábica bõ[o], aínda que esta só se rexistra normalmente en posición tónica e non está presente en Guilhade. Eis o sintagma co artigo en Osoir’Anes:
Mais forçaron-mi os olhos meus
e o bon parecer dos seus (13.13).
Neste sentido, as opcións de Michaëlis (con [mui] bon parecer) e de Nobiling e mais Littera (con [tan] bon parecer) son máis interventivas.
A forma prezava (<preçaua> A, <p’caua> B, <p’gaua> V) de Michaëlis (de onde pasaría a Nobiling) debe ser un lapso de imprenta, pois non é citada no correspondente glosario1 .
Unha outra puntuación que ligue sintacticamente andar (v. 14) con preçar (v. 13) modifica a sentido destes versos:
por de bon prez, e muito se preçava,
e dereit’é, de sempr’andar assi...
A opción de BV, coa utilización da locución concesiva pero que obrigaría a unha forzada lectura:
Pero que coita grand’ é que sofri,
oimais ei dela quant’aver coidava.
A voz sandece (vs. sandice, cfr. tamén sandez) é voz sempre transmitida polo Cancioneiro da Ajuda, pois sandice é maioritaria e típica dos apógrafos italianos. Así, por exemplo, en 386.4, 15, 16 aparece sandece en A fronte a sandice en BV, e, mesmo, en B e V se producen erros obvios, xa que sandice aparece en rima con -ece (merece, crece, parece) en 1135.1 (BV), 1435.23 (V) e 1535.17 (B).