I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 534-535 [= LPGP 982]); Fernández Graña (2007: 331-332); Littera (2016: II, 568).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 160); Machado & Machado (1960: VII, 53-54); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 436).
2 vos] uus A 5 vos] uos A 9 vos eu] uos heu A 18 vos] uos A 19 vos] uos A
2 vos] vus Michaëlis 3 poder] puder Littera 5 vos] vos Michaëlis 7 coita en] coita (e)n Michaëlis : coita ‘m Littera 9 vos] vos Michaëlis 18 vos] vos Michaëlis 19 vos] vos Michaëlis 22 servi] serv’i Littera
(I) De aquí en diante quero deixar, miña señora, de vos contar os meus asuntos, abofé, se o puider facer, pois vexo que tendes gran desexo de que non vos diga canto mal me vén por vós; porén, non poderei de modo ningunha sufrir a coita en que me ten Amor (II) por vós, miña señora, xa que hai moito, sen dúbida, que vos eu dixen todas as miñas razóns e canto mal sufrín desde hai tanto tempo, e que pavor teño da morte e canto afán (teño) por vós, e nunca fixestes nada por min; mais a partir de agora xa non podo soportar todas cantas coitas me dan as miñas preocupacións (III) por vós, miña señora, que sempre amarei, mentres estiver vivo, máis que a min nin a ningunha outra cousa: perdín o siso e sufrín moito mal, e, xa que vos prace, desde agora sufrirei por non vos dicir nada, xa que non me ten proveito que volo diga; mais ben sei que desta coita morrerei (1) por vós, niña señora, a quen servín desde hai moito tempo: morrerei, pois Deus non ten dó de min, nin vós, a quen sempre amei.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10c 10c 10a (= RM 161:105)
Encontros vocálicos: 7 coita‿en; 19 mi‿á
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta (anónima) composición (en Michaëlis só se ligan as estrofas I-II) véxase nota á cantiga 15.
A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. mí, func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.
Dado que falta unha sílaba métrica, integramos o posesivo na invocación á sennor: esta emenda é bastante obvia, dada a presenza de mia sennor no primeiro verso de todas as cobras.
Por outra banda, o tempo pretérito do período non favorece a segmentación serv’i que aparece en Littera.