482 [= RM 18,20]
Fui eu poer a mão noutro di-

Fui eu poer a mão noutro di-
-a a ũa soldadeira no con’,
e disse-m’ela: «Tolhed’ala Do[n]
[.............................................. -i]
ca non é esta de Nostro Sen[h]or
paixon, mais é-xe de min, pecador,
por muito mal que me lh’eu mereci».
U a voz começastes, entendi
ben que non era de Deus aquel son,
ca os pontos del no meu coraçon
se ficaran de guisa que log’i
cuidei morrer, e dix’assi: «Sen[h]or,
beeito sejas Tu, que sofredor
me fazes deste marteiro par Ti!».
Quisera-m’eu fogir logo d’ali,
e non vos fora mui[to] sen razon,
con medo de morrer e con al non,
mais non pudi (tan gran coita sofri);
e dixe log’enton: «Deus, meu Sen[h]or,
esta paixo[n] sofro por teu amor,
pola tua, que sofresti por min».
Nunca, de-lo dia en que eu naci,
fui tan coitado, se Deus me perdon,
e con pavor aquesta oraçon
comecei logo e dixe a Deus assi:
«Fel e azedo bivisti, Senhor,
por min, mais muit’ést’aquest’o peior
que por Ti bevo nen que acebi.
E por ende, ai Jesu Cristo, Sen[h]or,
en juizo, quando ante Ti for,
nembre-ch’esto que por Ti padeci!».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscritos


B 484, V 67

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 23-24 [= LPGP 148-149]); Paredesa (2001: 235); Lopes (2002: 71-72); Paredesb (2010a: 213); Littera (2016: I, 95); Arias Freixedo (2017: 98).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 32); Braga (1878: 13-14); Machado & Machado (1950: II, 350-351); Paredes (2010b: 156-159); Paredes (2010c: 109); Rios Milhám (2018b: III, 482).
III. Antoloxías: Torres (1977: 50-51); Dobarro Paz et alii (1987: 71); Tavares & Miranda (1987: 104-105); Arias Freixedo (1993: 111-112); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 57-58); Diogo (1998: 179-180); Neves (2004: 114-115); Marcenaro (2006: 42-44); Corral Díaz & Vieira (2023: 94).

Variantes manuscritas


1 mão noutro] mano noutra V   2 soldadeira] sol dideyra V; con’] tono B : cono V   5 esta] esta(ta) V   8 voz começastes] uos comecast̄s BV   9 de] om. V   10 meu] men B   11 log’i] leguy V   12 Sen[h]or] ds̄ senor B : đs senoʳ V   15 fogir] fegir B   16 vos] ues BV   18 sofri] soffrer BV   19 log’enton] loguē cō V   21 sofresti] soffesti B   22 eu] om. B   24 oraçon] oracō B   25 logo] lego V   26 e azedo bivisti] razedō biuisti B : ꞇ azedō biuisti V   27 muit’] murt BV   28 acebi] aceui BV   29 ende] ēn B, en̄ V

Variantes editoriais


2 con’] cono[n] Lapa, Paredesa, Paredesb : tonom Lopes : conom Littera   3 Tolhed’ala, Do[n]] Tolhede-a, ladron Lapa : Tolhede-la do[n] Paredesa, Paredesb   4-5 ca non é est’a [sazón de vós mi / viltardes, u prende] Nostro Senhor Lapa : [traedor, a mão que posestes i] / ca non é esta de Nostro Senhor Arias Freixedo   5 esta] est’a Lopes, Littera   22 eu] om. Paredesa, Lopes, Paredesb, Arias Freixedo   23 coitado] coitada Littera   26 bivisti] bevisti Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   27 aquest’o] aquesto Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera, Arias Freixedo   28 acebi] recebi Lapa, Paredesa, Paredesb : acevi Lopes, Littera, Arias Freixedo   29 por ende] poren Lapa : por en Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera : por én Arias Freixedo

Paráfrase


(I) Funlle meter man o outro día a unha soldadeira na cona, e díxome ela: –«Quitade de aí, Don [...] pois non é de Noso Señor esta a paixón, senón de min, pecadora, polo moito mal (castigo) que eu de Deus merecín».

(II) Cando comezastes con tal querela, ben entendín que non era de Deus aquel son, pois os seus acordes fincáronse no meu corazón de tal xeito que alí mesmo pensei morrer, e dixen así: –«Señor, bieito sexas, que me fas padecer este martirio por Ti!»

(III) Ben quixera eu fuxir logo de alí, e non vos sería sen razón, por medo de morrer e non doutra cousa, mais non puiden, por causa do gran padecemento que sufrín, e dixen: –«Deus, meu Señor, sufro esta paixón por amor a Ti, pola que Ti sufriches por min».

(IV) Nunca, desde o día en que nacín, fun tan coitado, Deus me perdoe; e con pavor comecei logo esta oración e dixen a Deus así: «Fel e acedo bebiches, Señor, por min; mais moito peor é isto que por Ti bebo e recibín.

(1) E por iso, ai Xesús Cristo, Señor, no Xuízo, cando estea diante de Ti, lémbreche isto que por Ti padecín».

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10c 10c 10a (= RM 161:13)

Encontros vocálicos: 22 diaen; 25 logoe, dixea; 29 ende,ai

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga escarniña caracterízase por unha mestura do obsceno e do sagrado que converten o texto nun dos máis atrevidos, mesmo sacrílegos, do corpus profano, a partir da comparación do ‘sofremento’ da soldadeira (ou do que quería ir con ela e foi rexeitado) coa Paixón de Xesús Cristo.

  • 1

    A presenza de -n- na forma manuscrita <mano> en V é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ã/ (confirmada neste caso pola lección de B), o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 1-2

    Para alén dos exemplos de segmentación do derradeiro elemento do verso, que afecta en xeral a conglomerados (véxase nota a 14.25-26, 37.18-19, 123.24-25, 1092.20-21 e 1542.3-4), a tmese métrica propiamente dita presenta moi poucos exemplos no corpus: di-/a (482.1-2, non-/ca (1092.20-21), Albar-/dar (1379.8-9), al-/çou (1577.r1-2) e, sobre todo, a cantiga 548, da autoría de Don Denis. Nas Cantigas de Santa Maria a tmese é máis frecuente: ora- / çon (CSM 32.12-13), ser- / vo (CSM 56.41-42), san- / t’om’... (CSM 66.40-41), ni- / hũa (CSM 94.22-23), disser- / ron (CSM 135.132-133), a- / quela (CSM 255.68-69), Sant- / ta (CSM 292.77-78).

  • 2

    Todos os editores anteriores estabelecen unha forma cono[n], hipotético aumentativo (nunca rexistrado na lingua medieval) de cono; no entanto, nunha cantiga en que existe tmese métrica (cfr. di-/a, véxase v. 1), parece máis probábel a presenza da tmese tamén neste verso (evitando dese xeito a sinalefa di- /a‿a) a través de con’ / e ..., cunha segmentación de cono similar, por exemplo, á segmentación de vesso en 1431.12: como segrel que diga mui ben ves[s]’ / en canços e cobras e serventés.

  • 4

    A lacuna textual que afecta a un enteiro verso fai imposíbel calquera reconstrución certa, necesariamente arbitraria.

  • 5-6

    Nótese o hipérbato coa introdución do sintagma de Nostro Senhor entre esta e paixon: «ca non é esta paixon de Nostro Senhor».

  • 8

    O sentido indica que <uos> é un erro de copia por <uoz>, pois a confusión <s>/<z> aparece en ambos apógrafos e esta mesma confusión vós / voz detéctase en B vs. V (1395.11, 12,14, 16 e 21), en V vs. B (1382.20) e en BV conxuntamente (735.2). Deste xeito, voz presentaría aquí o sentido de ‘cuestión, querela, pleito’, derivado do seu uso no ámbito xurídico, xunto coa acepción máis común, pois na estrofa aparecen diversos termos do ámbito musical, como son (v. 9) ou pontos ‘notas musicais’ (v. 10).

  • 12

    A métrica é unha guía segura para expunxir o elemento Deus en Deus Senhor, erro de copia común a BV, condicionado pola frecuencia deste sintagma nas cantigas.

  • 14

    Para alén de marteirar en 1606.13, o termo marteiro (< marty̆rium) só volve aparecer nunha cantiga de Calheiros:

    Madre, passou per aqui un cavaleiro 
    e leixou-me namorad’e co[n] marteiro (647.2).

    Porén, é frecuente nas Cantigas de Santa Maria e noutras obras medievais como a Crónica Troiana, os Miragres de Santiago ou A Demanda do Santo Graal, entre outras (véxase CGPA, s.v. marteiro ~ marteyro, marteirar ~ marteyrar etc.).
    Obsérvese, tamén, a aparición da variante par da preposición por, que só é utilizada (sen exclusividade) nas expresións e/ou invocación relixiosas (par Deus, par Santa Maria etc.). Neste caso, o feito de o pronome se referir a Deus explica o uso desta variante preposicional.

  • 21

    Nesta composición aparecen os dous únicos exemplos de formas verbais de P2 de pretérito dun verbo regular da segunda conxugación. No presente verso, sofresti presenta VT /e/, característica do portugués moderno e mais dos falares occidentais galegos. Polo contrario, bivisti (v. 26) presenta /i/ como VT, produto da inflexión de -ī longo final latino (-ĭstī > -iste ~ -este) (véxase Ferreiro 1999: §182f.2).

  • 26

    O fel e o azedo ‘vinagre’ van xuntos nas atestacións, pois foron as bebidas dadas a Xesús Cristo na Crucifixión. Cfr., nas Cantigas de Santa Maria as seguintes ocorrencias: azed’e fel lle deron (CSM 403.45); beveu fel e azedo (CSM 422.44).

  • 27

    A segmentación do artigo no final de aquest’o facilita a sintaxe, aínda que ningunha das precedentes edicións a contemplou.

  • 28

    Seguindo Ferreiro (2015: 260-262), interpretamos a lección <aceui> como acebi, P1 do pretérito indicativo de aceber, tendo en conta a existencia do erro <u>~<v>/<b> ao longo dos cancioneiros italianos (véxase nota a 114.10). Deste modo, aceber ‘receber’ (do lat. accipere, derivado de capere, igual que recipere) é un verdadeiro hapax no corpus trobadoresco galego-portugués, e forma rara na lingua medieval, pois só o localizamos nuns poucos documentos1 :

    Et accepimos de uobis precio por herdade de suso dicta & por essa mea casa .c. soldos que a nos & a uos plougo & a todo {est} de suso (doc. galaico-latino de 1259, de Sarria, Souto Cabo 2008: 116);

    & porẽ Accebemos de uos prezo que a todos ben plougo .Lx. soldos vnde nos fomos ben pagados & de toda rẽ nõ remaezeo apos vos por dar (doc. de 1259, Souto Cabo 2008a: 118);

    accebemos de uos prezo que a nos ben plougo (doc. 1259; Souto Cabo 2008a: 120);

    e acebo de uos por ella quatro soldos. de leoneses (doc. 1262; Souto Cabo 2008a: 163);

    e acebemos de uos por ella #..# o uosso quinnon (doc. 1266; Souto Cabo 2008a: 201);

    ... en essa erdade sobredita su signo de san Martino, et acibi de vos en prezo ende me outorgo por ben pagado ... (doc. de 1291, CGPA);

    outrosi uos uendo toda quanta uos ajo por uoz desta mina nana Maria Gonçalues na fijglesia de Ssan Migel de Villa Cháá & en sseus terminos que pertééçe a este casal de Paaços & açebj de uos por preço que a mj̃ muyto prougo, cõuẽ a ssaber:... (doc. de 1310, Vilanova de Lourenzá, CGPA)2 .

    Véxase tamén González González (2006: s.v. acibi)3 .
    Neste sentido, é absolutamente desnecesaria a emenda para receber en Lapa (aceptada en Paredes), e non resulta lingüística e textualmente pertinente o acevi de Lopes (e Littera) como forma equivalente dun hipotético substantivo acever: «será certamente o acever ou azevém, erva amarga da família do aloés que se utilizava como medicamento».

  • 29

    A abreviatura <ēn> ou <en̄> debe ser desenvolvida como ende (véxase nota a 59.16), mais todos os editores fixaron unha forma én, talvez para evitar a sinalefa ende‿ai.

  • 31

    Nótese aparición de che como CI, fronte ao CD te, procedente da palatalización por fonética sintáctica do lat. te (véxase Ferreiro 1999: §§104b, 155.2), ao longo do corpus trobadoresco achamos casos diversos (véxase Glosario, s.v. che, cho), o mesmo que na prosa, con perto de 150 ocorrencias da forma palatalizada en textos galegos no banco de datos do TMILG, s.v. che, chi, cho(s), cha; en textos escritos en Portugal só se pode localizar na contracción cho,-a nuns poucos contextos, que se concentran na Demanda do Santo Graal (véxase CGPA, s.v.). Véxase Ferreiro (2012c).

  1. ^

    Os documentos editados por 2008 en Souto Cabo foron republicados no ano seguinte en Boullón Agrelo & Monteagudo (2009: 135-137).

  2. ^

    José Joaquim Nunes aínda recolle un antigo deceber ‘enganar’ que ten de ser tamén derivado de capere, a través de decipere ‘sorprender, enganar’ (Nunes 1928-29: 26, s.v.), para alén da aparición do verbo, especialmente nas formas de participio, tanto nas Cantigas de Santa Maria (Ai eu en terr’ allẽa, / a que mal tempo me chegou | meu feyto decebudo; CSM 237.42), como en documentos notariais, en xeral no sintagma decebudo por engano (cfr. Fernández de Viana y Vieites 2005: 55; Barroso Castro & Neira Pérez 2008: 215, 259; Zapico Barbeito 2005a: 123, s.v. deçebudo) etc. Véxase tamén Machado Filho (2013: s.v. deceber).
    De calquera xeito, a teor dos datos subministrados polo CODOLGA [consultado en 1-10-2013], as ocorrencias de accipere son numericamente moi inferiores (menos da metade) ás de recipere na documentación latino-galaica.

  3. ^

    José Joaquim Nunes aínda recolle un antigo deceber ‘enganar’ que ten de ser tamén derivado de capere, a través de decipere ‘sorprender, enganar’ (Nunes 1928-29: 26, s.v.), para alén da aparición do verbo, especialmente nas formas de participio, tanto nas Cantigas de Santa Maria (Ai eu en terr’ allẽa, / a que mal tempo me chegou meu feyto decebudo; CSM 237.42), como en documentos notariais, en xeral no sintagma decebudo por engano (cfr. Fernández de Viana y Vieites 2005: 55; Barroso Castro & Neira Pérez 2008: 215, 259; Zapico Barbeito 2005a: 123, s.v. deçebudo) etc. Véxase tamén Machado Filho (2013: s.v. deceber).
    De calquera xeito, a teor dos datos subministrados polo CODOLGA [consultado en 1-10-2013], as ocorrencias de accipere son numericamente moi inferiores (menos da metade) ás de recipere na documentación latino-galaica.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado