I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 16-17 [= LPGP 241-242]); Nunes (1972 [1932]: 70-71); Littera (2016: I, 168).
II. Outras edicións: Moura (1847: 9-10); Monaci (1875: 40); Braga (1878: 18); Machado & Machado (1952: III, 9); Júdice (1997: 82); Montero Santalha (2004); Rios Milhám (2018b: III, 500).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 21-22); Tavares (1961: 16-17); Spina (1972: 331); Ferreira (1991: 48).
3 vós] uoˢ B : uo\ˢ/ V 8 Ou] O B 9 disser] disse B 10 m’] om. B 16 fazedes] fasedes B 18 podedes conselh’i] po[**]des cōsselho V 19 perdon] pardon B 20 coraçon] coracō B
5 Deus Senhor] Deus, senhor Lang, Nunes, Littera 6 [lev’e]] [eu ja] Lang, Littera 14 per] por Nunes 15 quen] qnen Nunes 16 vós] vos Nunes 18 conselh’i] conselho Lang
(I) Prohibístesme vós, señora, que nunca vos dixese nada de canto sufrimento me vén por causa de vós; mais dicídeme unha cousa que quero saber: por Deus Noso Señor, a quen lle hei dicir o moito mal que sufro e sufrín por vós senón a vós, señora?
(II) Ou a quen lle direi o meu mal se eu non volo dixer a vós, pois calar non me serve de nada e dicírvolo tampouco me vale? E xa que tanto mal sufro así, se non falar convosco así, por quen saberedes do meu mal?
(III) Ou a quen lle hei dicir o pesar que vós me facedes sufrir se non volo for dicir a vós, que me podedes dar consello niso? E por iso, así Deus vos perdoe, coita do meu corazón, a quen lle direi o meu pesar?
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:241)
Obsérvese a repetición da palabra rimante nos vv. 1 e 7 de todas as estrofas (I senhor; II mal; III pesar).
A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).